Viveiro 4-6-18. As prebenxamíns do Clube Ximnasia Viveiro veñen de lograr o terceiro posto no Campionato Galego Escolar de Ximnasia Rítmica que se celebrou en Marín (Pontevedra). Os seus nomes son Icía Mariño, Martina Collazo, Ángela Martínez, Icía Lage e Adriana Pérez.
As ximnastas de Viveiro, con idades comprendidas entre os sete e os oito anos, acadaban hai unha semana a segunda posición no campionato provincial de Lugo, por detrás do Clube Quicela de Monforte de Lemos. Porén, na competición autonómica que se vén de celebrar en Marín (Pontevedra) as prebenxamíns do Clube Ximnasia Viveiro superaron as campioas provinciais e lograron a medalla de bronce, ficando detrás unicamente dos clubes Viravolta (1º) e Compostela (2º), ambos procedentes da capital de Galicia.
Para o campionato galego, na categoría prebenxamín, clasificáronse un total de vinte equipos de toda Galicia: sete pola provincia da Coruña, cinco pola de Lugo, outros cinco pola de Pontevedra e tres pola de Ourense.


























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 
