Burela, 7 de xuño de 2018. Este venres, terá lugar a entrega dos premios aos gañadores do Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2018, na súa fase local. Será ás 17:30 horas na Biblioteca Pública.
Os gañadores, nesta fase local do Certame , foron os seguintes participantes:
No apartado de NARRACIÓNS:
CATEGORIA B ( de 9 a 11 anos):
1º premio: Alexandre García Pousa. 10 anos. CEIP VISTA ALEGRE.
2ª premio: Cristhian Calvo Ramos. 11 nos. CEIP VISTA ALEGRE.
3ª premio: Iago López Caselas. 10 anos. CEIP VISTA ALEGRE.
CATEGORIA C (de 12 a 16 anos):
1ª premio: Carla Gómez Lestegás. 14 anos. IES MONTE CASTELO.
2ª premio: Elian Sanches Tavares. 12 anos. CEIP VISTA ALEGRE.
No apartado de DEBUXO INFANTIL:
CATEGORIA A (ata 8 anos):
1º premio: Sara Álvarez Fernández. 5 anos. CEIP VISTA ALEGRE.
2ª premio: Iria Pascual Arias . 6 anos. CEIP VISTA ALEGRE.
3ª premio: Yael Fernández Castro. 5 anos. CEIP VIRXE DO CARME.
CATEGORIA B ( de 9 a 11 anos):
1º premio: Maite Candia Barreira. 9 anos. CEIP VIRXE DO CARME.
2ª premio: Claudia Fraga Canel. 11 anos. CEIP VISTA ALEGRE.
3ª premio: Lara Sisto Guisasola. 10 anos. CEIP VIRXE DO CARME.
CATEGORIA C (de 12 a 16 anos):
1º premio: Noemy Tavares Pereira Barbosa. 12 a. IES PERDOURO.
Os traballos premiados nesta fase local, participarán na fase Provincial do Certame, organizado pola Biblioteca Nodal de Lugo.
A Delegación de Cultura e a propia Biblioteca Municipal felicitan “aos premiados e a tódolos participantes deste Certame das nosas Letras Galegas 2018”.






















A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).



