Lugo, 11 de xuño de 2018. A Deputación acadará novos ingresos para os Concellos a través da aplicación de taxas ás empresas enerxéticas pola ocupación de espazos públicos municipais que redunda en beneficios económicos para as mesmas, pois contribúe ao desenvolvemento do seu traballo, pero sen que isto repercuta nos Concellos. O Presidente, Darío Campos, acompañado polo Vicepresidente e Deputado de Cooperación cos Concellos, Argelio Fernández Queipo, asinou este luns o convenio de colaboración cos primeiros 51 municipios que decidiron sumarse a esta iniciativa da Deputación, á que poden adherirse todos os Concellos que o desexen, para o inicio dos traballos correspondentes que materialicen este pioneiro proxecto na provincia.
Campos Conde explicou que en primeiro lugar contratarase un estudo que determinará o espazo público municipal que ocupan en cada un dos Concellos as empresas de luz e gas para o transporte da enerxía. Acadarase deste xeito un rexistro técnico, económico e xurídico, que permitirá fixar as respectivas taxas municipais ás enerxéticas. Todo isto se recollerá nunha ordenanza que aprobarán os Concellos para a súa aplicación, comezando así a recibir uns ingresos, que na actualidade non perciben, para poder destinalos á mellora das prestacións públicas aos veciños.
O Presidente destacou que “este é un novidoso proxecto na nosa provincia. Temos exemplos en municipios de España. En Arteixo están a traballar neste eido tras as sentenzas favorables do Tribunal Supremo sobre a regulación de taxas ás eléctricas mediante ordenanzas municipais. Esta iniciativa enmárcase na nosa aposta pola máxima colaboración cos Concellos da provincia para acadar novas fórmulas coas que mellorar os servizos públicos aos nosos veciños”.
A Deputación destina a este proxecto uns 130.000 euros. Os Concellos colaborarán cos axudas de entre 3.000 euros e un máximo de 6.000, en proporción á lonxitude das liñas eléctricas coas que conten. O custo do proxecto é de 256.000 euros.
Estudio previo da Deputación
O Goberno da Deputación dende a Área de Cooperación dos Concellos elaborou un estudo previo que recolle as tipoloxías de liñas eléctricas coas que contan os Concellos e a lonxitude de ocupación das liñas de tendidos eléctricos sobre os bens de titularidade pública municipal. Unha empresa especializada, a que resulte adxudicataria do proceso aberto a todas as entidades interesadas que se publicarán nos vindeiros días no BOP, elaborará o inventario de ocupación e aproveitamento do dominio público municipal de toda a provincia.
Sentenza favorable do Tribunal Supremo
O Tribunal Supremo de Xustiza ditou varias sentenzas favorables sobre ordenanzas similares nos municipios de Arteixo (A Coruña), Serradilla (Cáceres) e Villalcampo (Zamora). As sentenzas aceptan “a valoración dos devanditos Concellos das liñas eléctricas e as canalizacións como construcións a efectos de cálculo da base impoñible da taxa por utilización do dominio público”. Sobre iso, o alto tribunal recolle que “non se trata de gravar un chan rústico de uso agropecuario, senón a utilidade que lle reporta ao suxeito pasivo a utilización privativa ou o aproveitamento especial do mesmo, con exclusión dos demais, para unha actividade netamente industrial consistente en transportar e distribuír enerxía eléctrica.” Por iso considera que unha taxa dese tipo é “de todo punto axustada ás esixencias legais”.
51 municipios adheridos ao convenio
Os primeiros 51 Concellos que se sumaron ao proxecto da Deputación son: Abadín, Alfoz, Baleira, Baralla, Barreiros, Becerreá, Begonte, Bóveda, Castroverde, Cervantes, Chantada, O Corgo, Cospeito, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Foz, Friol, Guitiriz, Guntín, O Incio, Láncara, Lourenzá, Lugo, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Muras, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Paradela, O Páramo, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, A Pobra de Brollón, Pol, A Pontenova, Portomarín, Quiroga, Ribadeo, Riotorto, Rábade, Sober, Taboada, Trabada, Triacastela, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xermade.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



