Lugo, 14 de xuño de 2018. A Audiencia Provincial de Lugo ditou unha sentenza, dando a razón ao Goberno Provincial e declarando ilegal a composición e funcións do Consello de Administración de SUPLUSA que propuxo o PP, anulando ademais todos os acordos adoptados polo mesmo. O voceiro do Executivo da Deputación, Álvaro Santos Ramos, apuntou que “creo que hoxe se entende porque dende o Goberno dicimos que a situación que se está a vivir en SUPLUSA é absolutamente irregular, instalada nese disparate do que o Partido Popular é o protagonista fundamental, pois foi o que propuxo as modificacións estatutarias que declara ilegais e anula a xustiza. Incluso foi Elena Candia, voceira e Presidenta provincial do PP, a que se habilitou na Xunta Xeral deste organismo para facer a inscrición dos seus novos Estatutos, desenvolver toda a súa tramitación e defendelos pola transcendencia que para ela e para o seu partido político tiña todo isto. O que vén a dicir esta sentenza é que a realidade normativa que pretendeu impoñer o Partido Popular en SUPLUSA é ilegal, e así o levamos o advertimos sempre dende este Goberno”.
“A proposta ilegal do Partido Popular e a súa defensa acérrima é preocupante, pois estamos a falar dun partido que intenta goberna facendo as normas que lle conveña para elo e ao marxe da legalidade”, remarcou Santos.
Sentenza executiva
A sentenza é executiva, con independencia do recurso extraordinario de casación que se pode presentar no prazo de 20 días. Isto significa que deixan de ter validez as modificacións nos Estatutos que propuxo o PP e que se sacou adiante na Xunta Xeral de SUPLUSA do 30 de setembro de 2016. Fíxoo co apoio do Deputado non adscrito, pois contou cos votos en contra de todos os Deputados do PSOE e BNG. Volven a estar vixentes, polo tanto, os anteriores Estatutos de SUPLUSA.
Foi este acordo de modificación estatutaria de SUPLUSA o que levou a xustiza o Goberno Provincial, mantendo a súa ilegalidade. Foi a voceira e Presidenta do PP en Lugo, Elena Candia, a encargada de persoarse e defender nos tribunais a legalidade da súa proposta. A Audiencia Provincial de Lugo dá a razón ao Executivo da Deputación e tumba a proposta ilegal do Partido Popular de Candia.
Modificacións nos Estatutos que declara nulas a xustiza
As modificacións que propuxo o PP nos Estatutos e anula a xustiza por ilegais son:
– Que o Presidente de SUPLUSA non sexa o Presidente da Deputación senón o que nomee a maioría simple do Consello de Administración de SUPLUSA.
– Que o Consello de Administración de SUPLUSA non o integren 7 Deputados Provinciais que representen a todos os grupos políticos que integren o Pleno da Deputación, senón 9 Deputados con independencia da proporcionalidade existen na Corporación Provincial.
– Que o Xerente de SUPLUSA non sexa nomeado e cesado polo Presidente de SUPLUSA e tamén da Deputación, senón pola maioría do Consello de Administración de SUPLUSA.
– Que o obxecto social de SUPLUSA tamén sexa ser entidade prestadora de servizos sociais cando a Xunta de Galicia dixo no 2011 que non podía ser así e que este debía ser directamente a Deputación de Lugo.























Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



