Lugo, 15 de xuño de 2018. O Goberno da Deputación ofrece 5 novas accións formativas para 75 lucenses menores de 30 anos no paro a través do LUGOWORK. Trátase do plan de emprego xuvenil participativo da provincia, que puxo en marcha o Executivo Provincial, cun total de 2 millóns de euros que captou da Unión Europea a través da EOI. Tras unha primeira fase de formación, os participantes terán a posibilidade de ser contratados en empresas da provincia co obxectivo de cubrir as necesidades que demanda o tecido empresarial na provincia.
Os interesados en participar nestes 5 cursos deberán estar inscritos no Rexistro de Garantía Xuvenil. Poden facer a súa solicitude ata o 30 de xuño, incluído, en www.deputacionlugo.gal ou en www.eoi.es.
5 novos cursos do LUGOWORK
1.- Curso de auxiliar de ventas online e offline e atención ao público: Nesta acción formativa, que conta con 15 prazas, os alumnos recibirán 250 horas de formación a través de contidos dirixidos a habilidades sociais e de comunicación, ofimática e técnicas administrativas básicas e coñecementos sobre ventas online e offline.
2.- Aplicacións e Manexo de Sistemas Aéreos non Tripulados – Drons: Este curso conta con 220 horas de formación e 15 prazas. Son impartidos en Lugo por profesionais do aeroclub de rozas. Con esta acción o organismo provincial cubre a necesidade de formación nun dos nichos de mercado en expansión con máis posibilidades de crecemento.
3.- Curso de Emprendemento: Está dirixido a 15 persoas que teñan unha idea de negocio e queiran montar unha empresa. Deste xeito, os participantes terán un titor asignado que os asesorará en aspectos coma os modelos de negocio, ou estratexias de vendas, entre outros. Este curso o impartirán profesionais da Fundación CELL.
4- Desenvolvemento en aplicacións Android: Esta acción formativa, que conta con 15 prazas. Nesta acción formativa, que conta con 15 prazas, os alumnos recibirán unhas 200 horas de formación a través de contidos dirixidos a aprender todo o relacionado co desenvolvemento nativo de aplicacións Android para poder crealas dende cero.
5- Técnico en automoción e de maquinaria agrícola: Neste curso, 15 lucenses recibirán unhas 250 horas de formación a través de contidos dirixidos a aprender operacións básicas de mantemento no motor e sistemas auxiliares en automóbiles e maquinaria agrícola, proporcionando os contidos teóricos e prácticos necesarios nesta rama.
EOI
A Escola de Organización Industrial (EOI) é a primeira escola de negocios fundada en España, no ano 1955. O seu obxectivo é formar xestores do cambio con base social a través da dixitalización, o emprendemento e a sustentabilidade para contribuír á mellora da economía e das persoas. Como fundación pública adscrita ao Ministerio de Economía, Industria e Competitividade e coa cofinanciación do Fondo Social Europeo, impulsou os negocios de máis de 52.000 novos emprendedores en España.



















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



