Mondoñedo, 26 de xuño de 2018.- O casco histórico de Mondoñedo contará con 171 prazas de aparcamento gratuíto cando entre en funcionamento a limitación de estacionar nas rúas. Tras as obras que está a desenvolver o Concello as prazas dispoñibles na rúa Febrero serán cinco, seis na rúa Bispo Sarmiento, 60 detrás do xulgado e 100 en Casas Novas.
Con estas sumarán un total de 280 as prazas coas que contan os veciños de Mondoñedo e os usuarios dos negocios da vila; xa que hai outras 40 prazas dispoñibles na rúa Vilalba e 69 na zona da Alcántara; distribuídas en solar Meilán (12), na praza Jaime Cabot (25), na praza de San Xoán (6) e no aparcadoiro soterrado ao lado do xulgado (26).
A alcaldesa, a popular Elena Candia, comprometérase a dar resposta ás necesidades de aparcamento no casco histórico próximas aos negocios da cidade en clara consonancia coa súa aposta polo desenvolvemento do comercio local. Estas prazas son agora máis necesarias tras consensuar un plan de tráfico coa Asociación de Comerciantes que prohibe o estacionamento no casco histórico salvo nos lugares habilitados.
A alcaldesa, a popular Elena Candia, afirma que estas medidas pretenden preservar a proximidade aos negocios e vivendas dando alternativas ao estacionamento dos vehículos nas rúas.
O propio Concello informará aos veciños e veciñas da nova ordenación do tráfico.


























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



