Cervo, 5 de xullo de 2018.- San Cibrao celebrará as súas Festas do Carme entre o 11 e o 16 de xullo.
Tal e como confirmaron desde a organización “deseñouse unha programación variada coa que pretendemos chegar a todos os públicos”. Así, haberán teatro, humor e moita música de todos os estilos.
O mércores, 11 de xullo, a Asociación de Enfermos Mentais da Mariña representará a súa obra Teatro contra o bullyng, eres único. Será ás 20:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura.
O xoves, 12 de xullo, O Bordelo actuará coa súa peza teatral Depende. Ás 21:00 horas no auditorio da Casa da Cultura.
O venres, 13 de xullo, será a quenda do Grupo de Teatro Ardora de San Ciprián, coa súa obra Flor de Outono. Ás 21:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura.
Xa o sábado, a partir das 19:30 horas, na Praza dos Campos, terá lugar un show de maxia e humor, a actuación de Brais e Tanito Clown e estará tamén presente a Disco Móbil Scaffold.
O domingo, 15 de xullo, a festa comezará ás 14:00 horas coa sesión vermú a cargo da orquestra Montreal. Ás 20:00 horas haberá pasarrúas da man da Banda de Música de Foz. Xa ás 21:00 horas terá lugar a Misa Solemne cantada pola Coral Polifónica do CIT, na Igrexa Parroquial de Lieiro. A continuación, será a Procesión do Carme ata o peirao, coa incorporación de San Ciprián e San Andrés e co acompañamento da Banda de Música de Foz.
Ás 23:30 horas está previsto que comece a música co concerto da Roda, seguido das orquestras Montreal e dun tributo a Fito e Fitipaldi. Ao remate volverá coller o testigo Montreal. Todo isto na Praza dos Campos.
O peche de festa e día grande, o luns 16 de xullo, está previsto ás 11:00 horas o chupinazo, seguido do pasarrúas do grupo local A Rebolaxe. Ás doce do mediodía será a Misa Solemne cantada pola Coral Terramar de San Cibrao, no Peirao. Ao remate terá lugar a ofrenda floral na honra dos mariñeiros falecidos a cargo de Sara Campo López e, a continuación, a Procesión ata a Igrexa Parroquial de Lieiro, acompañada por A Rebolaxe.
Ás 14:00 horas haberá sesión vermú a cargo da orquestra Suavecito. Xa pola noite, ás 23:00 horas, terá lugar o concerto de Luar na Lubre. Ao remate haberá verbena coa orquestra Suavecito.
Desde o Concello de Cervo convidan a veciños e a visitantes a que gocen desta nova edición das Festas do Carme de San Cibrao.























A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



