Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2018.- Os concellos de Castro de Rei, Baiona, Vilaboa, Barreiros e Mondoñedo, pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta, acollen as actividades do ‘FalaRedes’. O programa de dinamización lingüística promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística na fin de semana as comarcas de Vigo, a Mariña Lucense e a Terra Cha coas actividades A casa do terror, a cargo do músico Xoán Curiel e da banda Son+d2, e mais Os Bolechas e o amigo Monte, da man dos irmáns animados máis coñecidos de Galicia
A axenda abrirá precisamente mañá, venres 6, a primeira das propostas. O artista fonsagradino fará parada en Castro de Rei e poderase gozar do seu novo espectáculo na Casa da Cultura de Castro de Ribeira de Lea, ás 20:30 horas. A actividade combina música, danza e teatro e que está pensada para familias con nenas e nenos de entre sete e doce anos. ‘A casa do terror’, presenta a historia dun grupo de amigos que se ve obrigado a durmir nun edificio encantado.
O sábado, Os Bolechas sumaranse ás propostas de lecer do ‘FalaRedes’ por partida dobre: a primeira parada do día será en Baiona, na Biblioteca Pública Municipal, ás 12:30 horas; e a segunda en Vilaboa, na Casa da Cultura de Riomaior, ás 20:00 horas. Xa o domingo, ofrecerán unha función matinal en Barreiros (no Centro Sociocultural Díaz Sampedro, ás 12:30 horas) e outra de tarde en Mondoñedo (na Casa da Xuventude, ás 20:00 horas). A peza Os Bolechas e o amigo Monte está pensada para concienciar as familias da necesidade de preservar os nosos montes a través dunha proposta que combina lingua, ecoloxía, lecer e a participación do público asistente.
As vindeiras paradas do ‘FalaRedes’, na vindeira semana, serán os concellos de Cangas e Chantada, con funcións da actividade Os Bolechas e o amigo Monte en cadanseu auditorio municipal, o sábado ás 20:00 horas e o domingo ás 19:30 horas, respectivamente. Coma sempre no FalaRedes, a entrada aos espectáculos é libre e de balde ata completar a capacidade dos espazos programados. Toda a información sobre esta edición dispoñible no Portal da Lingua Galega (www.lingua.gal/falaredes), nas redes sociais da RDL e na Axenda de Cultura de Galicia.




















Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



