O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, xunto a compañeiros do partido, celebraron este sábado en San Cibrao o primeiro dos Encontros Comarcais con militantes. Durante o encontro debateron sobre as oportunidades e necesidades da Mariña. Estes encontros, ademais dun exercicio de transparencia, buscan fomentar a participación, o diálogo, o debate e a posta en común de inquedanzas e perspectivas, que permita ao Partido Socialista na provincia de Lugo afondar nun proxecto que recolla e englobe as demandas, preocupacións e necesidades que teñen os veciños da nosa provincia.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



