Ribadeo, 10 de setembro de 2018. Os problemas económicos e a situación concursal na que se atopa a empresa Soul Recovery está a ocasionar problemas na recollida dos contedores amarelos, do cartón porta a porta e tamén no punto limpo en Ribadeo. O concelleiro de Xestión de Residuos e Limpeza Viaria, Jorge Díaz Freije, subliña que a recollida de cartón queda suspendida temporalmente, que o punto limpo segue a funcionar e que o Concello de Ribadeo busca unha solución para retirar canto antes o lixo dos contedores amarelos, sobre todo daqueles que están desbordados. A continuación toca buscar outra empresa para prestar o servizo que Soil Recovery acaba de comunicar que xa non realizará en Ribadeo.
O edil ribadense explicou que “temos unha empresa que é Soil Recovery, que é a adxudicataria de varios servizos de limpeza en Ribadeo como a recollida de envases, a recollida porta a porta do cartón e o punto limpo. Esta empresa leva unha tempada con certos problemas económicos e agora está nunha situación concursal. Ten varios contratos en Concellos entre os que está o de Ribadeo”.
Jorge Díaz Freije dixo que “o Concello de Ribadeo agora mesmo ten un contrato en vigor e estamos actuando conforme coa lei. Neste caso aplicando as penalizacións que se deriven do incumprimento do contrato. Non somos nós quen para romper o contrato, neste caso rompeu a empresa co Concello de Ribadeo. Hai uns tempos e formas estipulados pola lei que temos que marcar e que nos marcan e temos que seguir. Estanse seguindo todos os procesos que están neste contrato e vendo que hai un cambio radical no servizo que presta esta empresa o Concello adoptará medidas excepcionais para garantir a salubridade pública naqueles puntos onde así se requira”.
O concelleiro de Xestión de Residuos e Limpeza Viaria en Ribadeo engadiu que “o servizo de recollida de lixo orgánico está a ser desempeñado por persoal e medios municipais, non tendo ningún problema de mal funcionamento nin nada que ver cos servizos que desempeña esta empresa”.
Díaz Freije subliñou que “para a recollida de cartón porta a porta, que se fai martes e xoves, estamos traballando co obxectivo de darlle unha solución. Queremos suspendelo de momento por prudencia para non colapsar máis o servizo ata que non se atope unha medida, que nos vindeiros días estará lista”.
O concelleiro nacionalista indicou que “mentres tanto estamos falando con varias empresas para buscar unha solución. Estamos traballando para volver á normalidade o antes posible. A día de hoxe remitiu unha carta ao Concello a empresa Soil Recovery dicindo que xa deixou de prestar o servizo, entrou a día de hoxe e con data do día 7. Estamos a buscar unha alternativa para quitar o lixo de todos os contedores que están sobrepasados, e en poucos días se poñerá outra empresa para sacar eses puntos en concreto por esixencias de salubridade e control. Nuns días contamos que estea todo xa outra vez andando”.




















Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



