Viveiro 19-9-18. Do 4 ó 16, celebrouse en Málaga o Campionato do mundo de veteráns, no que participaron na selección española 12 atletas do C.D. Egovarros-Viveiro, tendo en xeral unha boa participación. Competiron na categoría de W60, Begoña de Arriba, que na proba dos 10000 metros quedou no posto 36 e na proba de campo a través obtivo o posto 37; en W55, Manuela Guisasola, na media maratón, quedou no posto 17; en W50, Susana Parguiña foi 11 na súa serie dos 1500 metros e 30 na media maratón; en M75, Antonio Cabana foi 11 na media maratón; en M65, Domingo Álvarez foi 7 na súa serie de 1500 metros e 25 na media maratón; en M60, Emilio Toral quedou de 53 na media maratón; tamén en M60, Jose Luis Meizoso foi o 63 na media maratón; en M50, Constantino Real quedou de 85 na media maratón; en M45, Andrés Piñón foi 12 na súa serie de 1500 metros; tamén en M45, Marcelo Vasquez, na final dos 3000 metros obstáculos foi 9 ; en M40, Esteban Rioseco foi 8 na súa serie dos 800 metros, 2 na súa serie dos 1500 metros, pasando á final dos 1500 metros e quedando de 10; en en M40 tamén, Jose Ángel López, que tivo que abandoar na proba dos 10000 metros. O gran ausente da proba foi o atleta José Rioseco, que obstenta os records do mundo de 800 e 1500 metros e que unha lesión de última hora impideulle disputar o Campionato do Mundo.
Con esta proba do Campeonato do Mundo, o C.D.Egovarros-Viveiro pecha a tempada 2017/2018










Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
