Viveiro. 4 de Outubro de 2018. Veciñas e veciños dos edificios de San Lázaro solicitan á Alcaldesa Maria Loureiro e á Xunta que tomen as medidas de seguridade necesarias para garantir a seguridade na estrada.
A veciñanza lembra os accidentes acontecidos por exceso de velocidade nos anos 2015, 2016 e 2017 acreditados con atestados policiais e causan danos materiais contra vehículos aparcados e contra os contedores de lixo sen ter que lamentar danos persoais.
Segundo a información da que dispoñen a veciñanza non se acometerán medidas algunhas neste treito, algo inadmisible e que ven a confirmar o desleixo da Alcaldía e da Xunta para coas veciñas e veciños.
MEDIDAS A TOMAR.
A veciñanza solicita:
– Novo firme na estrada.
– Dispositivos reductores da velocidade e bandas tranversais de alerta como medidas de calmado do tráfico co obxectivo de reducir as velocidades excesivas que se rexistran nesta vía.
– Pasos peonís (inexistentes).
– Beirarrúas nos dous lados.
A veciñanza agarda que se tomen medidas neste tramo abandonado tanto pola Alcaldesa Maria Loureiro como pola Xunta do PP. Medidas quen levan reclamando dende hai anos cos escritos rexistrados e así non ter que lamentar non só máis danos materiais senón danos físicos as persoas e crianzas que viven en San Lázaro 14,16 e 18.
“É o momento, aproveitando as obras no Pirixel para acometer estas medidas de seguridade e non ter que lamentar mortos”, sinalan.
“De non terse en conta esta petición a veciñanza non descarta mobilizarse e cortar a estrada contra os responsables, PP e PSOE, xa que estamos fartas de pagar impostos e ser ignoradas por todas as administracións agás cando visitan o barrio cada catro anos para pedir o voto”, conclúen.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



