Mondoñedo, 6 de outubro de 2018.- A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, o presidente do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), Francisco López Valladares, e o presidente da asociación cultural “As San Lucas”, Miguel Souto, presentaron este sábado na Praza do Concello o Mercado de Agricultura Ecolóxica certificada que se situará no mesmo lugar da presentación durante os días que dure a feira máis antiga da Comunidade.
Deste xeito, na localidade mariñana daranse cita produtores desta especialidade, que ofrecerán aos visitantes 25 produtos, incluídos nesta denominación, e que se poderán visitar e mercar en seis casetas de madeira diferentes. O presidente do Consello Regulador agradeceu á comisión organizadora e ao Concello a posibilidade de participar na cita festiva, ao tempo que puxo en valor a importancia e a incidencia que ten este tipo agricultura no rural e nun país de minifundio como Galicia.
Neste senso, indicou que este tipo de producións “dan valor engadido aos produtos galegos, tanto pola súa calidade como pola súa elaboración. É dicir, a parte da agricultura cos mellores números de crecemento estará presente nas San Lucas, ou o que é o mesmo, estes días, en Mondoñedo estará representado o presente, o pasado e o futuro da agricultura”, destacou.
Na mesma liña, a rexedora agradeceu o esforzo da organización por sumar este mercado á feira, “pois dálle a Mondoñedo e Ás San Lucas un maior prestixio e un maior recoñecemento”, afirmou.
Finalmente, o presidente da asociación defendeu que “as feiras de vangarda seguen sendo moi útiles ao sector primario. Son feiras interxeracionais, que serven de complemento e que teñen tamén un contido informativo”. Como exemplo, anunciou, o día 19, na Praza do Concello, haberá un showcooking, da man do recoñecido chef Martín Mantilla.




















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



