Burela, 5 de novembro de 2018. O alcalde, Alfredo Llano, cualifica de moi boa nova que a Xunta actúe nos edificios do colexio Virxe do Carme, pero pídelle que o faga canto antes e que non agarde ao ano 2020. O rexedor burelés lembra que o Concello emitiu varios informes técnicos sobre o estado que presentan esas instalacións e a necesidade de actuar o máis axiña posible.
Alfredo Llano dixo que “falamos co delegado territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Balseiro, de tal e como estaba o apuro de executar obras no colexio dos Castros, sobre todo ultimamente que houbo alí, derivado das choivas que caeron, unhas filtracións que necesitaban actuar con urxencia, cousa que fixo o Concello en canto fomos requiridos. Chegamos á conclusión de que o que necesita o centro é unha renovación estrutural e integral de todos os edificios que teñen para dar clase”.
O rexedor considera que “é bo que se anuncie que se vai executar a obra, non hai nada en firme, pero que se vai intentar facela para o ano 2020. Isto é algo que se viña xa avisando con moita frecuencia desde o Concello de como estaba. Fixemos un informe técnico moi completo da nosa arquitecta técnica, no cal se vía a necesidade de actuar o antes posible no colexio dos Castros. Agora din que se vai actuar no 2020, pero eu penso que é máis urxente que agardar ao ano 2020 porque hai problemas que se poden ir resolvendo, non fai falta acometelo todo no seu conxunto, senón que se pode ir efectuando obra nos diferentes edificios que conforman a unidade da aldea dos Castros”.
Llano manifestou: “paréceme unha boa noticia que tiveran en conta a petición por fin de que se actuara, xa que tanto a dirección do centro como o Concello tiñan insistido neste tema. Paréceme moi boa noticia que se poñan a elo o antes posible, pero tamén digo que se pode ser no ano 2019 mellor que no 2020 porque hai moitas cousas estruturais que é necesario acometer o antes posible”.
O alcalde engadiu que “desde logo que o Concello vai estar aquí para facilitar, tanto á Xunta como ás ANPAS e a propia dirección do centro, todo aquilo que precisen como é normal e é a nosa obriga. Imos seguir facendo as obras que correspondan ao mantemento e a aquilo que poidamos sempre axudar ao conxunto do colexio dos Castros. Pero tamén é unha necesidade urxente que se acometan as obras o antes posible, e non agardar ao ano 2020 porque poden xurdir problemas de forma constante na estrutura do centro. Polo tanto canto antes se fagan moito mellor”.





















Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



