A Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, xunto con outras autoridades, inauguraron a II Xornada de Historia e Arqueoloxía Marítima Cidade de Viveiro. Este encontro reunirá aos máis destacados expertos españois na materia, unha cita única no norte peninsular. Son varias as figuras de renombre que estarán en Viveiro, durante esta fin de semana, como o director do Centro de Arqueología Subacuática de Cataluña, Gustau Vivar; a súa homóloga de Andalucía, Carmen García: o investigador Carlos de Juan Fortes; a directora de patrimonio cultural do Fedas, Rut Geli; os arqueólogos Susana Ricart e David Abella; a directora do Museo Massó, Covadonga López; ademais do presidente de Albaola, Xabier Esgote; e o xefe de buceo en Ferrol da Armada, Anxo Lozano.




















Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



