“Tendo a Galicia todal-as caracteristicas esenciaes de nazonalidade, nós, nomeámonos, d-oxe pra sempre, nazonalistas galegos, xa que a verba rexonalismo non recolle todal-as aspiraciós nin encerra toda a intensidade dos nosos problemas”. (*)
(*) Manifesto da I Asemblea Nacionalista de Lugo; 18.11.1918.
Cúmprense cen anos da Asemblea Nacionalista de Lugo, na que o galeguismo prenacionalista que operaba dende o Rexurdimento definiuse en diante como nacionalista por considerar Galicia como nación.
Esta Asemblea xuntou case cen entidades culturais e concellos, sobranceando entre elas as Irmandades da fala constituídas, a máis antiga a d’A Coruña. E xuntaba tamèn un galeguismo de clara raigame progresista e demócrata, herdeiro de Murgía ou Vicetto, canda sectores socialistas (Xaime Quintanilla) e un galeguismo conservador, herdeiro de Alfredo Brañas.
O Manifesto coincide co remate da guerra europea e amosa ser tributario da teoría da autodeterminación das nacionalidades do presidente USA W. Wilson e do impacto da rebelión nacional irlandesa (Easter Rising) de 1916. Os nacionalistas galegos acordan conquerir do “Goberno da Súa Maxestade” a autonomía integral de Galicia e mesmo presentar o seu caso perante a Liga de Nacións (daquela en constitución).
As propostas aprobadas amosan un grande coñecemento do País e una grande modernidade, polo que continúan en certa parte moi vixentes. Velaí a igualdade entre home e muller, o sistema electoral proporcional, a cooficialidade do galego, a supresión das Deputacións, a autonomía local, un autogoberno amplísimo que monopolizaría a asistencia social, a educación e todas as funcións administrativas e máis a unión confederal ibérica de Galicia, Castela, Euskadi, Catalunya e Portugal.
Dende 1918 o galeguismo adquire a maioría de idade para ver Europa e o mundo por si propio, sen a intermediación española. Deste xeito vai formar a Tripla Alianza (1923) con vascos e cataláns frustrada pola Ditadura primoriverista e converxer no Partido Galeguista (1931), motor do Estatuto aprobado no referéndum de xuño de 1936 polo voto favorábel de case o 74% do censo.
As ideas de hoxe de grande parte da sociedade galega en canto á existencia dunha personalidade de noso, a lingua propia como valor, as avantaxes do autogoberno ou Galicia como medida de referencia conectan historicamente co xuntoiro de Lugo de 1918.
A arrincadeira.- Escocia cara ao segundo referéndum de independencia?
No referéndum de setembro de 2014 a cidadanía escocesa rexeitou a independencia cun 45,5% de votos fronte ao 54,5%. Un dos argumentos fulcrais para manter a unión foi a da pertenza europea, seica votar contra a independencia mantería Escocia na Europa. Mais no referéndum do brexit de xuño de 2016 os escoceses votaron cun esmagador 62% a súa permanencia na UE .
Porén, malia esta votación, Escocia tería que abandoar a Unión Europea canda o Reino Unido, mentres seica Irlanda do Norte mantería en calquera caso unha vinculación alfandegaria. A first minister escocesa, a independentista Nicola Stugeon (SNP) denuncia arestora que só a independencia de Irlanda garante os dereitos do Ulster, que Europa só recoñece aos Estados soberanos, mentres constata a existencia de millóns de escoceses enganados polas falsidades do unionismo na campaña de setembro de 2014.
O Parlamento escocés podería convocar unha consulta non vencellante, mais seica o Goberno do Scottish National Party agardará á solución definitiva desta crise para acadar un pacto cara un segundo referéndum vinculante, diante da evidencia de que medrou nestes catro anos os seareitros da independencia, sen acadar aínda, porén, unha clara maioría absoluta.





















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



