“A sanidade pública é un servizo público esencial que está en risco en Viveiro e na Mariña”, alerta a alcaldesa, María Loureiro Viveiro, 17 de outubro de 2024. A alcaldesa do Concello de Viv... Ler máis
Viveiro, 9 de setembro de 2024. O Concello de Viveiro sumouse este ano de novo á iniciativa ‘Vacacións en Paz’, o proxecto de acollida temporal de nenos e nenas saharauís durante os meses de... Ler máis
“Os veciños e veciñas de Viveiro responden sempre moi ben a todas as iniciativas de voluntariado e solidarias”, sostén a alcaldesa, María Loureiro Viveiro, 18 de xuño de 2024. A Oficina Muni... Ler máis
A alcaldesa María Loureiro agradeceu “o extraordinario labor que realiza a Asociación Contra o Cancro de Viveiro, que se plasma en iniciativas como esta” Viveiro, 2 de maio de 2024. O Concel... Ler máis
Os socialistas porán 2.500 vivendas de protección anuais a disposición dos galegos e galegas, ademais de apostar pola rehabilitación, o acceso á vivenda da xente moza ou limitar o prezo dos... Ler máis
“Unha iniciativa para todas as idades, pero bastante enfocada nas persoas maiores, que son unha prioridade para nós”, explica a alcaldesa, María Loureiro Viveiro, 31 de xaneiro de 2024. O Co... Ler máis
A nova concelleira releva na corporación a Marisol Rey Yáñez tras a renuncia desta á súa acta, pasando a súa responsabilidade de Turismo ás competencias da alcaldesa, María Loureiro Viveiro,... Ler máis





















Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.



