Os socialistas porán 2.500 vivendas de protección anuais a disposición dos galegos e galegas, ademais de apostar pola rehabilitación, o acceso á vivenda da xente moza ou limitar o prezo dos alugueiros
Viveiro, 5 de febreiro de 2024. A candidata socialista ás eleccións autonómicas pola provincia de Lugo Mayra García Bermúdez avanzou este luns en Viveiro que cando José Ramón Gómez Besteiro sexa Presidente da Xunta de Galicia priorizará a política de vivenda, impulsando un plan de choque, “logo dunha década perdida” neste ámbito “pola incompetencia do PP, que non sabe xestionar”.
A número 3 da lista do PSdeG pola provincia, xunto á tamén candidata Catalina Fernández, a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e a Deputada autonómica Patricia Otero, lamentou que o Goberno galego, primeiro con Feijóo e agora con Rueda, “leve desaparecido en materia de vivenda, mentres que con Besteiro, será un dos nosos piares do Goberno”. “Co goberno de Touriño construíronse 10.000 vivendas de protección oficial, fronte ás só 6.000 dos últimos 15 anos de goberno popular”. “O PP non ten capacidade para xestionar os fondos europeos que lle transfire o Estado para esta materia nin noutras, o que se traduce en que non poñen a disposición dos galegos e galegas as vivendas que tanto precisan. Non podemos seguir cun Goberno inoperante”, denunciou.
A Alcaldesa de Viveiro exemplificou o abandono da Xunta ás políticas de vivenda co que acontece na cidade do Landro, onde agora mesmo o Goberno galego ten sete vivendas vacantes no Pedregal, “que non están en condicións de ser habitadas”, pois son necesarias obras nelas antes de sortealas. Loureiro incidiu en que, a maiores, a Xunta ten un inmoble que adquiriu no ano 2006 na rúa Rosalía de Castro para a execución de varias vivendas, “pero nin empezaron, e nestes momentos non cumpre as condicións de seguridade e salubridade, polo que contactamos co Goberno galego porque é urxente que actúen nel”.
2.500 vivendas públicas anuais
Besteiro, explicou Mayra García Bermúdez, propuxo unha batería de medidas en materia de vivenda. Entre elas está acadar unha media de 2.500 vivendas públicas anuais, o desenvolvemento dun Plan efectivo de rehabilitación da vivenda baleira, a elaboración dun mapa galego de vivendas inacabadas que permita coñecer a magnitude do problema, aplicar a Lei de Vivenda delimitando áreas tensionadas que permiten limitar os prezos dos alugueiros nos concellos que o soliciten ou axudar á rehabilitación, entre outras políticas concretas.
Tamén explicou en Viveiro que o Goberno de Besteiro reparará de xeito decidido nos mozos e mozas, porque “teñen unha dificultade extraordinaria para atopar unha vivenda e, sobre todo, para desenvolver o seu proxecto vital”.




















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



