Nota de prensa A CASA DA CULTURA ACOLLERÁ DE DECEMBRO A MARZO A PROXECCIÓN DE NOVE PELÍCULAS DO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE MEDIO AMBIENTE, SEGUNDO ANUNCIOU HOXE ALFREDO LLANO. Burela,... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- Ribadeo acollerá do 28 ao 31 de xullo a sexta edición do FestivalON na que se proxectarán 39 curtas na sección oficial das 500 presentadas a esta cita. As rúas da vila e dou... Ler máis
FOZ .- “El Círculo”, premiada cun León de Ouro en Venecia, proxéctase mañá venres en Foz dentro da penúltima sesión do videoforum MULLERES NO MUNDO. O filme é documento da opresi... Ler máis
Cine Caixanova de Verán presenta “Kung Fu Panda” e “Mamma Mia” o luns, día 31 de agosto, e o martes, día 1 de setembro, na Praza do Centro Cívico ás deze media da noi... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- Hoxe comeza a súa andaina a V edición do Festival On&Off reconvertido este ano en OFestivalON. Desde hoxe martes e ata o sábado 1 de terá lugar a gravación das curtas A... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- . A concelleira de Cultura, Mariluz Álvarez Lastra presentou esta mañá o programa para a nova edición do Festival On&Off que se celebrará a finais da vindeira semana no... Ler máis
BURELA (FNC) .- O Concello de Burela estudia participar, segundo a edil de Medio Ambiente, Lucía Bouza, en todos os ciclos de cine que organiza ao ano a Rede Galega de Concellos para a Sosti... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- Ribadeo acollerá o vindeiro sábado 17 de xaneiro a estrea oficial da película Os mortos van á presa que dirixiu Angel de la Cruz e que se rodou en Rinlo, A Devesa e tamén na... Ler máis
BURELA .- Burela O vindeiro luns día 5 de xaneiro, a partir das 21,30 h. no Auditorio da Casa da Cultura, proxectarase a curtametraxe El Padrino IV, unha iniciativa cinematográfica dun grupo... Ler máis






o 17 de xaneiro" width="190" height="122">















Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



