- A Pomba do Arco organiza o venres 27 de xuño, ás 20:30, na Casa da Cultura Poeta Manuel María de Foz unha palestra de Sami Ashour sobre o xenocidio israelí en Palestina
Sami Ashour, natural da localidade de Khan Younis, no sur da Faixa de Gaza, onde reside a maioría da súa familia, é o presidente da Asociación galaico-árabe Jenin, que agrupa a comunidade palestina residente na Galiza. A palestra Sami Ashour pretende achegar un testemuño de primeira man sobre o xenocidio israelí en Gaza e ofrecer unha análise sobre as condicións de vida poboación gazatí.
- O II Galego e Interautonómico de Kung Fu celebrouse a pasada fin de semana no Pavillón do CEIP Península da Paz
Contou con máis de 150 inscricións de toda Galicia, Asturias, Castela e León, Cantabria, País Vasco e Madrid. A alcaldesa, Dolores García Caramés, participou na entrega de diplomas desta competición organizada en colaboración coa Federación Galega de Kárate.
- Ribadeo acolleu esta fin de semana un curso de Taci Chi impartido polo gran mestre Liming Yue
Estivo organizado por Chen Style Tai Chi Center, de Gijón, coa colaboración do Concello. O gran mestre Liming Yue é embaixador mundial da promoción do Tai Chi pola organización de Chenjiagou e as autoridades do goberno local en China en 2009, debido á súa grande contribución e logros no Tai Chi do estilo Chen. Ata o pavillón da Rúa Alfredo Deaño se achegou o alcalde, Dani Vega, que saudou aos asistentes, á organización e ao gran mestre Liming Yue.
- Rematou a tempada de Brincos de Lecer en Cervo
A alcaldesa, Dolores García Caramés, estivo con eles/as durante a clausura da actividade.
- A Deputación apoia a XIII edición do Festival Aturuxo de Bravos, que se celebrará os días 19 e 20 de xullo
A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López, participou este sábado na presentación da décimo terceira edición do Festival Aturuxo de Bravos, que tivo lugar na Sacabeira, en Sargadelos (Cervo), xunto á presidenta da Asociación Cultural Aturuxeiros, Carmen Rivera. O festival celebrarase os días 18 e 19 de xullo no concello de Ourol, coa colaboración da Deputación de Lugo, que achega 5.000 euros para apoiar a organización desta cita xa consolidada dentro do calendario cultural da Mariña. Nesta edición, o cartel inclúe concertos de Sonoro Maxín, Belém Tajes, Filophóbicas ou Zeltia Irevire, entre outros artistas.
- Coa visita de mascotas, con doce, velas e menú conmemorativo tivo lugar a celebración do 6º aniversario da posta en marcha do centro de atención a persoas maiores de Ribadeo
Xunto aos residentes estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Servizos Sociais, Elena Sierra, que quixeron compartir con eles esta data tan especial e pasar unha mañá moi agradable de conversa e de festa.
- Academia A Mariña acollerá o vindeiro martes, 17 de xuño, unha sesión informativa sobre o novo marco de colaboración entre empresas e entidades de formación no ámbito galego
A cita está organizada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración en colaboración con CECAP. A xornada dará comezo ás 10 da mañá nas instalacións da academia, en Burela. Haberá unha exposición por parte da Consellería sobre as novas convocatorias do programa AFD, unha mesa redonda con participación de empresas e entidades de formación; e un espazo de café-networking para intercambio de impresións e xeración de contactos.