LUGO .- A Fundación TIC -dependente da Deputación-, en colaboración co Concello de Lugo, convoca o I Concurso Nacional de Curtametraxes e Maquetas Musicais Lugo10, dotado con 9.000 euros en premios. O Presidente da Fundación e da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Alcalde de Lugo, José López Orozco, presentaron este mércores as bases do certame, que ten como tema central a Muralla. Esta é unha das colaboracións do organismo provincial co programa Lugo10 que conmemora o décimo aniversario da declaración do monumento romano como ben Patrimonio da Humanidade.
Gómez Besteiro dixo que “damos a este concurso unha cobertura nacional porque queremos que teña a máxima difusión e que nace con vocación de continuar no tempo”. Segundo o Presidente da Fundación, “este é deses proxectos que suman a todos e a unión fai a forza. Con esta iniciativa perseguimos varios obxectivos: por una banda, a promoción da Muralla e tamén da provincia e, por outra, o fomento da creatividade da mocidade no ámbito dos medios audiovisuais, favorecendo a súa inserción laboral”. Neste senso, destacou que “hai un premio específico para os traballos que presenten autores de menos de 30 anos”.
Pola súa banda, o Alcalde de Lugo indicou que “no Lugo 10 participan todos os lucenses sen ter en conta a idade. Esta é unha oportunidade para que a xente nova, a través da música e do mundo audiovisual, participe na celebración do 10º aniversario da Muralla”.
A presentación, na que tamén participou a Concelleira de Xuventude de Lugo, Rosana Rielo, tivo lugar na Casa da Música e contou coa presencia de varios grupos de música locais e coa actuación dun deles, Zinc so!, formado por alumnos do IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes, que tocaron una canción inspirada na Muralla.
Bases do concurso
As bases establecen que a creación debe ser inédita e tan só poderá presentarse un traballo por participante ou grupo. O prazo estará aberto dende o 17 de maio ó 30 de outubro de 2010. As curtas poden ser mudas ou con son incorporado, en castelán ou galego; de non ser así, deberán ter subtítulos nun destes idiomas. Teñen que presentarse en formato DVD cunha duración máxima de 10 minutos. Polo que se refire ás maquetas, admitiranse cancións de calquera estilo.
En cada unha das modalidades –curtas e maquetas- haberá tres premios: un dotado con 2.000 euros para o traballo que mellor ensalce a Muralla; outro de 1.500 para o que potencie máis a provincia, e un terceiro de 1.000 euros destinado a autores de menos de 30 anos. Tanto as maquetas musicais como as curtas formarán parte dos arquivos da Fundación TIC e do Concello de Lugo.
Como participar
As maquetas presentaranse directamente a través da internet mediante a aplicación destinada ó efecto no microsite www.fundaciontic.org/maquetas. As curtas enviaranse á dirección da Fundación TIC (rúa do Arco, s/n 2004 Lugo). Para participar no concurso é necesario achegar o boletín de inscrición, que se pode descargar na web da Fundación (www.fundaciontic.org).
Un comité de selección designado pola organización elixirá os traballos que entrarán no concurso, de entre todos os recibidos. Rematado o proceso de selección, comunicarase a súa decisión ós participantes seleccionados a través da web da Fundación.
A Deputación con Lugo10
O primeiro Concurso Nacional de Curtametraxes e Maquetas Musicais é unha das catro iniciativas do organismo provincial ó Lugo10. A primeira, a Pasarela Muralla Moda 2010, celebrouse o 19 de abril con grande éxito e cunha proxección a nivel de toda España. Ademais, antes do verán está prevista a posta en marcha dunha Aula Móbil turístico-medioambiental con forma de barco pesqueiro que levará o nome Muralla de Lugo por toda a xeografía española. E tamén, co obxectivo de abrirse ó río, a Deputación iniciará este ano a campaña Lugoteando adicada á Lugo e á auga, que incluirá actividades acuáticas que poñan en valor o segundo patrimonio lucense ademais do histórico: o medioambiental.





















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



