Ribadeo, 22 de outubro de 2024. Xa están permitidas as queimas en Galicia. As que se realicen en solo rústico teñen que comunicarllo á Xunta e as que se fagan en solo urbano, núcleo rural e... Ler máis
Ribadeo, 18 de outubro de 2024. O concelleiro de Medio Ambiente, Diego Dos Santos, recolleu hoxe na Laracha a Bandeira Verde de Galicia, outorgada a Ribadeo. Trátase dun distintivo creado e... Ler máis
Ribadeo, 16 de outubro de 2024. Nova subvención da Xunta de Galicia para mellorar o parque infantil de San Miguel, que ascende a 40.000 euros. O alcalde, Dani Vega, declarou: “hoxe anunciamo... Ler máis
Ribadeo, 5 de setembro de 2024. O Concello de Ribadeo ven de emitir un bando no que anuncia que levará a cabo a campaña de recollida porta a porta dos plásticos agrícolas a partir do 23 de s... Ler máis
Ribadeo, 29 de xullo de 2024. O Concello procede estes días ao lavados dos contedores e das isletas nas que está colocados. O concelleiro de Medio Ambiente, Diego Dos Santos, explica que “xa... Ler máis
Ribadeo, 19 de xuño de 2024. Ribadeo dobrou a media estatal de recollida de envases en 2023 e a media galega de papel e cartón. Estes foron os datos que Ecoembes lle facilitou ao Concello na... Ler máis
Ribadeo, 14 de xuño de 2024. Ribadeo recibiu en Pontevedra o premio ao pobo máis bonito de Galicia, que lle outorgou o programa Gente Viajera de Onda Cero. Ata a cidade do Lérez se desprazou... Ler máis
Ribadeo, 13 de xuño de 2024. O alcalde, Dani Vega, recolleu hoxe as bandeiras azuis que lucirán este verán as praias de As Catedrais, Castros e Illas. O acto tivo lugar no areal de Doniños,... Ler máis
Ribadeo, 27 de maio de 2024. Adxudicadas as obras de mellora dos entornos das praias de Esteiro, As Illas, Os Castros e tamén no Cargadeiro, en Ribadeo. O investimento ascende a 70.000 euros... Ler máis
A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Ciclomotores desprazarase a Ribadeo os días 13 e 14 de maio
O concelleiro de Medio Rural, Diego dos Santos, explica que “esta unidade móbil estará situada na avenida de Luarca, xunto ao pavillón polideportivo. O día 13 o horario de atención será de 0... Ler máis
Ribadeo, 19 de abril de 2024. O Concello cambia o horario da recollida porta a porta do cartón, que seguirá a ser os martes e os xoves, pero pola mañá en lugar de polas tardes. O novo horari... Ler máis
Ribadeo, 10 de abril de 2024. Estes días deron comezo as obras da estrada de acceso á Illa Pancha. O investimento ascende a 90.000 euros e o prazo de execución será de tres meses. O alcalde,... Ler máis
En total foron servidos 300 quilos de mexillón ademáis de empanada. Houbo amenización musical con gaitas e cun dj. Ata a praza de San Pedro se desprazaron o alcalde, Dani Vega, e os concelle... Ler máis
Ribadeo, 26 de marzo de 2024. O alcalde, Dani Vega, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitaron esta mañá aos participantes no programa Primave... Ler máis
Ribadeo, 26 de marzo de 2024. O alcalde, Dani Vega, e a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, visitaron esta mañá a praia das Catedrais. Para acceder ao areal ao longo da Semana Sa... Ler máis
Ribadeo, 6 de marzo de 2024. O Concello de Ribadeo está a mellorar a colocación dos contedores na zona rural, despois de escoitar aos veciños e aos traballadores municipais. Os colectores es... Ler máis
Ribadeo, 5 de marzo de 2024. O Concello continúa estes días cos traballos de poda das árbores en diferentes zonas de Ribadeo. O edil de Medio Ambiente, Diego dos Santos, explicou que “estive... Ler máis
Ribadeo, 1 de marzo de 2024. O vindeiro 11 de marzo dará comezo unha nova recollida porta a porta dos plásticos agrícolas en Ribadeo. O concelleiro de Medio Ambiente, Diego dos Santos, expli... Ler máis
Ribadeo, 3 de decembro de 2023. A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas instaladas no aparcamento da Avenida Rosalía de Castro. Ata o 7 de xaneiro será posible... Ler máis
O alcalde, Dani Vega, dirixiulle á veciñanza congregada no parque de San Francisco para desexarlles unhas boas festas. Despois visitou o Mercado do Nadal instalado na contorna da Praza de Ab... Ler máis
O alcalde asegura que se trata dunha infraestrutura moi empregada pola veciñanza e polas empresas da zona Ribadeo, 20 de outubro de 2023. Estes días dan comezo as obras de mellora da estrada... Ler máis
Ribadeo, 2 de outubro de 2023. Ribadeo acollerá este mes de outubro sete charlas informativas sobre a próxima implantación do contedor marrón. Baixo a mensaxe Que non che entre o pánico co o... Ler máis
Ribadeo, 28 de setembro de 2023. O Concello realiza tarefas de mellora no parque de San Francisco na zona de xogos infantís, segundo deu a coñecer o concelleiro de Obras, Diego Dos Santos. O... Ler máis
Ribadeo, 25 de setembro de 2023. O Concello inicia estes días tarefas de mantemento do entorno e do mobiliario no Cargadeiro, “unha zona que tanto para ribadenses como visitantes ten un gran... Ler máis
Ribadeo, 18 de setembro de 2023. Desde hoxe e ata o 29 de setembro está aberto o prazo de inscrición nas escolas deportivas municipais de inverno do Concello de Ribadeo. Son 11 as modalidade... Ler máis
Ribadeo, 11 de setembro de 2023. Os días 28 e 29 de setembro en Cedofeita e o 2 de outubro en Vilaframil terá lugar a inspección técnica de vehículos agrícolas. O concelleiro de Medio Rural,... Ler máis
Ribadeo, 4 de setembro de 2023. O Concello iniciará a recollida porta a porta dos plásticos agrícolas o 19 de setembro. Todas as explotacións que precisen deste servizo deberán comunicalo no... Ler máis
Ribadeo, 25 de agosto de 2023. O ex alcalde José Carlos Rodríguez Andina será o pregoeiro das festas patronais de Ribadeo 2023. Hoxe foron presentados o cartel e o programa. No acto particip... Ler máis
Ribadeo, 8 de agosto de 2023. A Unidade Móbil de Doazón está hoxe a carón da antiga oficina de turismo. Desde o Concello animan á veciñanza a acudir a esta chamada. A Axencia de Doazón de Ór... Ler máis
O mercado de ultramar, a chegada dos haigas ou a xinkana son algunhas das actividades ás que acudiron as concelleiras de Benetar Social, Seguridade Cidadá, Cultura e Turismo, Elena Sierra, M... Ler máis


















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



