Ribadeo, 6 de xullo de 2023. O alcalde, Dani Vega, e os concelleiros de Benestar Social e Obras, Elena Sierra e Diego Dos Santos, visitaron o centro de día. O Concello investirá para conserv... Ler máis
Ribadeo, 29 de xuño de 2023. A praia das Catedrais acolleu esta tarde o acto de entrega das bandeiras azuis aos areais que recibiron este galardón en 2023. O alcalde, Dani Vega, declarou que... Ler máis
Ribadeo, 27 de xuño de 2023. Remataron as obras de acondicionamento da rúa Casa do Pobo, que supuxeron un investimento de máis de 100.000 euros. O alcalde, Dani Vega, subliñou que “seguiremo... Ler máis
Ribadeo, 25 de xuño de 2023. Esta mañá arrincou unha nova edición do Mercado dos Domingos, unha aposta polo produto local e de calidade, “que debemos apoiar”, segundo declarou o alcalde, Dan... Ler máis
Ribadeo, 24 de xuño de 2023. Os festivais musicais son unha aposta clara que o goberno local apoia. Así o subliñou esta mañá o alcalde, Dani Vega, na presentación do pancha fest, que terá lu... Ler máis
As celebracións remataron cunha merenda-cea, á que acudiron máis de 300 persoas, e coas actuacións musicais de Corazones Jóvenes e Tumba e Dálle. Vega felicitou á dirección do centro no que... Ler máis
Ribadeo, 21 de xuño de 2023. Os establecementos asociados a Acisa repartirán 150.000 rifas que se porán en circulación dende o 23 de xuño ata o 9 de xullo, xornada na que terá lugar o sorteo... Ler máis


















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



