RIBADEO (FNC) .- O vindeiro martes 27 de abril ábrese o prazo de inscrición nas escolas deportivas de verán 2010, que organiza a Concellaría de Deportes de Ribadeo e que están destinadas a r... Ler máis
LUGO .- O responsable da Área de Cultura e Deportes da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, asistiu á asemblea veciñal na que se decidiu o futuro da Escola Habanera de San Miguel. A áre... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- Desde onte está aberto o prazo para anotarse nas escolas de verán do Concello de Ribadeo que este ano volvemos a ofertar 4 posibilidades, xa que ademais das 3 do ano pasado:... Ler máis
BARREIROS .- O responsable da Área de Cultura e Deportes da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, acompañado polos representantes da asociación de veciños de San Miguel de Reinante visit... Ler máis
O mércores ás oito da tarde na sala de artes da Casa da Cultura de Burela inaugúrase a exposición Escolas de Habaneiros. Memoria gráfica. Está organizada pola Delegación de Cultura de Burela... Ler máis
BURELA .- O vindeiro luns 15 de setembro arrancan as Escolas Deportivas Municipais de Burela, nas que aínda é posible inscribirse. Os interesados poden achegarse á Casa do Concello, á Casa d... Ler máis
A concelleira de Deportes, Yolanda Pedreira, e a responsable de Cultura, Chelo Gallego, presentan o venres, na Casa do Concello, a tempada 2008-2009 das Escolas Deportivas Municipais do Conc... Ler máis





















Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



