RIOTORTO .- O actual Conselleiro de Innovación e Industria, o nacionalista Fernando Blanco, inaugurou a III Feira da Artesanía do Ferro en Riotorto, na compaña do deputado da Área de Cultura... Ler máis
Informarase da nova data de celebración.
Os participantes foron recibidos polo alcalde, Dani Vega, e pola concelleira de Turismo, Marta Saiz. Fixeron dúas visitas guiadas: unha ao Forte de San Damián e outra á granja Pedro Murias. O xantar tivo lugar no Parador de Turismo e os coches estiveron aparcados no Parque de San Francisco. O rexedor subliñou que "estamos diante doutra fin de semana chea de actividades en Ribadeo. Deporte, coches antigos e música para animar o sábado e o domingo na nosa vila".
O conselleiro do Mar asistiu este sábado á cena-gala da entidade Saúde Mental ‘A Mariña’.
O acto de inauguración contou coa presenza do alcalde, Dani Vega, que destacou que "Ribadeo segue traballando para ser sede de moitos cogresos, algo que contribúe á desestacionalización do turismo e a posicionar o nome de Ribadeo na celebración deste tipo de eventos". A xuntanza do Rotary desenvolveuse no Salón dos Alcaldes do Concello de Ribadeo.
O prazo de inscrición permanecerá aberto entre o luns 28 e o mércores 30 de abril. Os interesados poden apuntarse na Secretaría do Conservatorio ou a través do número de teléfono 982 560 486.
Durante a xornada matutina recibiron clases de distintos profesionais tanto do ámbito clásico como do moderno. Xa pola tarde, no Auditorio Fuxan os Ventos, o grupo de danza da EMMeD subiu ás táboas xunto cos demais centros convidados, no que foi o peche desta xornada de confraternidade.
A organización estima que se porán á venda unhas 18.000 filloas ao longo do día. Este ano ofreceranse tamén ao público filloas sen glute e haberá degustacións do produto acompañado de crema de cacao, nata ou mel. Unhas 145 persoas colaborarán durante toda a xornada para celebrar a festa, impulsada pola mesma comisión organizadora da Moexmu 2025.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital