formación ocupacional
Luns iniciase un curso de formación ocupacional, de introducción a Técnicas de Oficina, da asociación A MARIÑA- COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade), en Burela. O curso... Ler máis
Luns iniciase un curso de formación ocupacional, de introducción a Técnicas de Oficina, da asociación A MARIÑA- COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade), en Burela. O curso... Ler máis
No Parque de Bombeiros de Vilalba incorporáronse tres traballadores, pero un deles ausentouse para ir ao médico, quedando así tamén dous efectivos. Ante esta situación, e atendendo á premisa de dar cobertura á maior zona e poboación posible, o Consorcio comunicou xa ao servizo 112 que os dous efectivos de Viveiro desprazáronse a Vilalba para prestar servizo na xornada de hoxe, e que as incidencias do parque viveirense atenderanse dende Vilalba e Barreiros.
O titular de Mar realizou estas manifestacións acompañado polo alcalde de Mañón, Alfredo Dovale, na XXXIII edición da Festa do Marisco do Barqueiro organizada polo concello coruñés coa colaboración da Confraría de O Barqueiro-Bares. Alfonso Villares felicitou aos organizadores pola consolidación da cita gastronómica na que se reparten ao redor de 800 racións de produto local e tamén destacou a importancia da organización deste tipo de eventos na exaltación e promoción dos produtos pesqueiros entre os consumidores.
Este sábado foi a quenda do espectáculo 'Cirkote' que tivo lugar nas Escolas Vellas coa colaboración de Airiños do Xunco.
Os equipos técnicos do bispado están a avaliar a situación para poder actuar coa maior rapidez posible. O cemiterio foi valado e este sábado está previsto que unha representación diocesana visite o lugar para avaliar os danos e decidir camiños a seguir xunto co concello.
Este documental dirixido por Pedro Lechuga Mallo e producido por Germán Pérez Molina recolle as mobilizacións sociais dos anos 70 do pasado século XX para evitar a instalación no lugar de Regodela (Xove) dunha central nuclear.
Celebrouse no Restaurante - Marisquería a A Marquesa coa asistencia de 20 persoas socias. Durante a sobremesa gozaron coa vitoria do Dépor perante o Barça B en partido celebrado no Johan Cruyff.
Chámase Ohana e xa se integrou na Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA) ribadense. Os propietarios deste establecemento, a parella formada por Octavio Florencio Marques e Nadia Álvarez García, chegaron a Ribadeo procedentes de Andorra. Ohana está no centro histórico, concretamente no número 1 da rúa Villafranca del Bierzo, que fai esquina coa rúa San Francisco.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital