- Xs traballadorxs de Alcoa entregan unha carta aos Reis
Aproveitando a visita dos monarcas a Burela deste martes, José Antonio Zan, presidente do comité de empresa, fíxolles chegar un comunicado que reflicte a difícil situación que sufre a factoría desde hai meses.
- A Asociación Cultural Amado Lar organiza, coa colaboración do Concello a Mostra Cativa do Valadouro
A cita será o próximo domingo día 22 de xuño ás 18:30h na Casa da Cultura Manuel Lourenzo, un día pensado para os máis cativos, para que podan mostrar o aprendido durante todo o curso. Á parte do grupo anfitrión, este ano estarán acompañados pola Asociación Amigos da Gaita de Ribadeo e a Asociación Cultural Osorio Gutiérrez de Lourenzá. Durante o acto, efectuaránse diferentes sorteos. As rifas para participar nel poderanse adquirir durante a actuación. A asociación cultural convida á asistencia e a desfrutar dunha tarde de música e baile tradicionais onde os máis cativos serán os protagonistas.
- Dous alumnos do IES de Foz, Edilson e Mohamed, realizan unha estadía de prácticas en Salerno, Italia, ao abeiro do programa Erasmus+
Traballan man a man con Vicenzo Mansi, un dos mellores "pizzaiolos" do mundo, gañador do premio en 2024.
- Cervo foi escenario este domingo da XVIII Monográfica Rexional de Galicia de Boxer
A cita tivo lugar no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos e contou cunha trintena de exemplares inscritos. Ata alí achegáronse a rexedora, Dolores García Caramés, e o edil de Zona Rural, Adrián Arias, que compartiron un anaco moi agradable con criadores e afeccionados neste evento que é foi todo un escaparate do mellor da cría desta emblemática raza. A xuíza Ana Paola Díaz Esteban foi a encargada de xulgar a todos os participantes nas diferentes categorías, con premios para o mellor boxer nacido en Galicia, o mellor veterano, a mellor promesa, o mellor xove ou o mellor de raza, entre outras moitas categorías.
- A Pomba do Arco organiza o venres 27 de xuño, ás 20:30, na Casa da Cultura Poeta Manuel María de Foz unha palestra de Sami Ashour sobre o xenocidio israelí en Palestina
Sami Ashour, natural da localidade de Khan Younis, no sur da Faixa de Gaza, onde reside a maioría da súa familia, é o presidente da Asociación galaico-árabe Jenin, que agrupa a comunidade palestina residente na Galiza. A palestra Sami Ashour pretende achegar un testemuño de primeira man sobre o xenocidio israelí en Gaza e ofrecer unha análise sobre as condicións de vida poboación gazatí.
- O II Galego e Interautonómico de Kung Fu celebrouse a pasada fin de semana no Pavillón do CEIP Península da Paz
Contou con máis de 150 inscricións de toda Galicia, Asturias, Castela e León, Cantabria, País Vasco e Madrid. A alcaldesa, Dolores García Caramés, participou na entrega de diplomas desta competición organizada en colaboración coa Federación Galega de Kárate.
- Ribadeo acolleu esta fin de semana un curso de Taci Chi impartido polo gran mestre Liming Yue
Estivo organizado por Chen Style Tai Chi Center, de Gijón, coa colaboración do Concello. O gran mestre Liming Yue é embaixador mundial da promoción do Tai Chi pola organización de Chenjiagou e as autoridades do goberno local en China en 2009, debido á súa grande contribución e logros no Tai Chi do estilo Chen. Ata o pavillón da Rúa Alfredo Deaño se achegou o alcalde, Dani Vega, que saudou aos asistentes, á organización e ao gran mestre Liming Yue.