CERVO .- O Grupo de teatro O Bordelo participou xunto con 28 formacións teatrais de toda Galicia no “X Ciclo de teatro Domingos a Escena” que se celebra en Caranza, Ferrol. O Bo... Ler máis
Foi impartida pola Coach de Saúde Emocional e Facilitadora en procesos de duelo e perda, Susana Vázquez Fernández, afondando en temas de interese social como a xestión emocional da enfermidade, coa colaboración da asoc. de Xubilados Terramar, e que tivo lugar no local desta asociación, na Casa do Mar de San Cibrao.
O pasado día 4 nas inmediacións do domicilio de ambas as partes implicadas, cando as victimas regresaban á súa vivenda de dar un paseo, a persoa investigada maniféstalles que lles roubara e posteriormente comezou a insultalos e agredilos. As vítimas foron atendidas das súas lesións no P.A.C. de Mondoñedo. As dilixencias policiais e a persoa investigada foron postas ao dispor xudicial.
Os restos serán agora biotriturados, creando un abono orgánico que axudará a reducir a aparición de malas herbas e o uso de abonos e herbicidas químicos.
Por que cantan as mulleresA partir do mediodía haberá degustación do caldo de gloria. Ás 18h, a profesora de canto tradicional e revisionista de coplas, Branca Villares, ofrecerá unha palestra-concerto baixo o nome "Por que cantan as mulleres?". Para finalizar o acto, convidarase a todas as persoas a participar da lectura colectiva do Manifesto da AELG.
O copiloto, que foi excarcerado, tivo que ser evacuado nun helicóptero medicalizado. O accidente tivo lugar contra as 10:00 horas da mañá de hoxe. Segundo a información que aportou un particular ao 112 Galicia, un turismo saírase da AC-862, no quilómetro 34. O alertador explicou que o coche quedara envorcado e cunha persoa atrapa e inconsciente. Sen agardar, desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Eume, ao GES de Ortigueira e á Garda Civil de Tráfico. Logo da chegada dos servizos de emerxencia á zona, estes indicaron que había 2 ocupantes no interior do vehículo. A dotación de bombeiros empregou o material de excarceración para liberar ao copiloto, que sería trasladado ata o hospital de referencia a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago. Por outra banda, o condutor, tamén ferido, foi evacuado en ambulancia.
Durante este periodo, estudantes novos e actuais poderán inscribirse en cualquera dos 30 grados universitarios oficiais que ofrece a institución. E ata o 11 de marzo permanecerá aberta a matrícula na UNED Sénior (maiores de 55 anos) para a seguinte asignatura: "A emigración galega e o seu impacto no mundo do arte e das letras" As clases comezarán na semana do 24 de febreiro e prolongaranse ata xuño de 2025. Os interesados poden matricularse e acadar mais información nas instalacións da UNED: Avenida de Cervantes s/n, Claustros da Igrexia de San Francisco todos os días das 10h30 ata as12h30 e polas tardes de 16h a21h. www.uned.es. 982563601 - 624484831
O Excmo. Concello de Mondoñedo lamenta o seu pasamento. Era fillo predilecto da cidade, artista recoñecido en toda Galicia pola súa extensa e icónica obra como deseñador, ilustrador, retratista, ceramista, grafista e muralista. Nado en Mondoñedo, vivía desde hai anos en Brión. A el se lle dedicou hai unhas semanas o Día da Ilustración.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital