Burela, 5 de maio de 2022. Continúan as Xornadas de nutrición e saúde mental “Mens sana in corpore sano” da Fundación Expomar, nesta ocasión coa degustación gastronómica do bonito do norte n... Ler máis
Burela, 29 de abril, 2022. O programa de nutrición e saúde mental “Mens Sana in Corpore Sano”, da Fundación Expomar viviu este xoves 28 de abril a súa xornada principal, cunha ch... Ler máis
Burela, 27 de abril de 2022. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, convida á participación na conferencia organizada pola Fundación Expomar para mañá, xoves 28 de abril no Auditorio de Burela... Ler máis
Burela, 19 de abril de 2022. A Fundación Expomar organiza as Xornadas de nutrición e saúde mental “Mens Sana in Corpore Sano” para o vindeiro 28 de abril co fin de abordar a importancia do s... Ler máis
Burela, 30 de decembro de 2021. O padroado da Fundación Expomar mantivo un encontro nas últimas horas co obxectivo de aprobar o plan de actuación para 2022. As Xornadas Técnicas e o Encontro... Ler máis
Burela, 21 de decembro de 2021. Partiron en furgoneta rumbo a Vigo os xoguetes e a roupa que desde Burela se envía ás nenas e aos nenos de Cabo Verde. Desde o peirao vigués nun contedor a me... Ler máis
Burela, 16 de decembro, 2021. A Fundación Expomar celebrou na tarde do mércores 15 de decembro a xornada sobre nutrición “Come Sano, Come Peixe”, que tivo lugar no salón de actos da Confrarí... Ler máis
Burela, 15 de decembro de 2021. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, lembrou hoxe a importancia de consumir produtos do mar para ter unha alimentación saudable e equilibrad... Ler máis
Burela, 14 de decembro de 2021. A Fundación Expomar organiza unha xornada sobre nutrición que se celebrará mañá pola tarde na confraría de pescadores de Burela. O alcalde burelés e president... Ler máis
Burela, 1 de decembro de 2021. Rematou a campaña de recollida de xoguetes e roupa para enviar aos nenos e ás nenas de Cabo Verde, que organizaron a Fundación Expomar e a Concellería de Inmig... Ler máis
Burela, 30 de novembro, 2021. A Fundación Expomar presentou esta mañá a xornada sobre nutrición “Come Sano Come Peixe”, que se celebrará o 15 de decembro no salón de plenos da Confraría de P... Ler máis
Burela, 22 de novembro, 2021. A Fundación Expomar e a Delegación de Inmigración, Cooperación e Integración do Concello de Burela veñen de lanzar unha campaña de recollida de xoguetes e roupa... Ler máis


















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



