Nota de prensa: O presidente da Xunta comprobou durante a visita, esta mañá, a unha explotación gandeira a evolución da banda larga no rural, “clave para que calquera gandeiro poda realizar... Ler máis
Nota de prensa A Deputación pon en marcha o 1º centro comercial virtual para as empresas da provincia – A Comisión Executiva do INLUDES aprobará a iniciativa, dotada con 630.323 euros... Ler máis
LUGO .- A Deputación convoca un concurso para dotar de banda ancha ás casas consistoriais e telecentros da provincia. A entidades interesadas terán que dotar ós 66 Concellos da provincia, ex... Ler máis
Nota de Prensa O Partido Popular porá en marcha un foro dixital para darlle voz ó “movemento senior” * Os populares consideran que a sociedade está a desaproveitar a experiencia vital dos ma... Ler máis
BURELA .- Según indica o operador R, en Burela “xa poden recibir servizo parte da rúa Arcadio Pardiñas e outras como Camiño Real, Matos e Ril. Arestora estase executando obra civil na... Ler máis
FOZ .- O Concello de Foz xa recibe os servizos de R que xa completou unha primeira fase das tarefas de despregamento de rede no núcleo urbano; arestora estanse a acometer as obras na rúa Edu... Ler máis
XOVE .- Técnicos da Empresa R de comunicación, acompañados polo Tenente Alcalde José Manuel González e o Arquitecto Técnico Municipal Benigno Mon, visitaron a parcela municipal do Polígono d... Ler máis







Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



