BURELA .- A Xunta de Persoal do Hospital da costa afirma que a día de hoxe non están feitas as reformas, nin hai aumento de cadro de persoal nin de especialidades e as listas de espera segue... Ler máis
LUGO .- O Deputado de Persoal, Recursos Humanos e Réxime Interior, Melchor Roel, deu conta este mércores das actuacións levadas a cabo pola área que dirixe durante 2009. Roel subliñou o feit... Ler máis
LUGO .- O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado do Deputado de Persoal, Recursos Humanos e Réxime Interior, Melchor Roel, clausurou este xoves os cursos organizados... Ler máis
Nota de Prensa Á Mesa do Parlamento O Grupo Parlamentario Popular de Galicia , a través do seu Portavoz, e a iniciativa do seu deputado José Manuel Balseiro Orol, ao abeiro do disposto no ar... Ler máis
BURELA .- O Concello de Burela contrata con carácter temporal a 7 auxiliares de axuda no fogar para a área de Servizos Sociais. A concelleira de Persoal, Remedios López Villar, anuncia que... Ler máis
Nota de Prensa O GMPP ratifica a existencia de irregularidades en certos procesos de selección de persoal. As irregularidades afectan ós procesos de selección de persoal laboral fixo de GAIA... Ler máis
BURELA .- A responsable de persoal do concello de Burela, Remedios López Villar, indicou que 95 traballadores municipais pasaran un recoñecemento médico nun servicio móbil que contrata o con... Ler máis
Nota de Prensa GRUPO MUNICIPAL POPULAR DE BURELA O GMPP vé positivo que, un ano despois, se asine un novo convenio de persoal. Os populares din que o alcalde incumpliu o convenio anterior.... Ler máis
Nota de Prensa O GMPP asegura que a polìtica de persoal do concello é “unha comedia”. Os populares lembran que o convenio do persoal tampouco foi ó pleno de Setembro. Afirman que o luns a si... Ler máis





















O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.



