LUGO .- O Deputado de Persoal, Recursos Humanos e Réxime Interior, Melchor Roel, deu conta este mércores das actuacións levadas a cabo pola área que dirixe durante 2009. Roel subliñou o feito de que este ano se implantasen e consolidasen os procesos de selección de persoal externos garantizando a transparencia e a obxectividade a través de tribunais independentes. “Na Deputación se estás preparado entras. Nós queremos aos mellores e non aos máis amigos”, salientou.
En 2009 realizáronse 92 procesos selectivos ou de provisión de postos de traballo, cubríronse 198 prazas, e participaron preto de 1.500 persoas en procesos nos que, segundo destacou o titular do departamento de Persoal, “exclusivamente se ten en conta o mérito e a capacidade que se demostra nos exames”.
O titular da Área de Persoal, Recursos Humanos e Réxime Interior puxo de relevo o esforzo que a Deputación está a facer pola funcionarización, e explicou que, segundo un informe do Consello de Contas sobre a xestión de persoal do organismo provincial, “esta era unha irregularidade constante na xestión do anterior equipo de Goberno ao permitir que persoal laboral desempeñase prazas para funcionarios. Agora, coa nova situación, os traballadores acceden á condición de funcionario e desenvolven a carreira profesional”.
Da mesma forma, o Deputado salientou que “o actual equipo de Goberno rematou co reparto discrecional do complemento da produtividade xa que antes, con mesmos cartos, cobraban este plus 220 persoas, e agora 678”. Ao mesmo tempo, indicou que por unanimidade se aprobou o pacto da retribución salarial acordado pola Xunta e o Estado.
Cooperación cos Concellos
O departamento de Persoal, Recursos Humanos e Réxime Interior colabora cos Concellos en materia de planificación e xestión de recursos humanos grazas a aprobación dun convenio polo Pleno da Deputación que xa asinaron 10 municipios: Barreiros, Burela, Folgoso do Courel, Guntín, Lourenzá, Monterroso, Portomarín, Sarria, Taboada e Viveiro. A través deste instrumento, a Deputación asume as Relacións de Postos de Traballo nestas entidades locais, o que supón un custe de 500.000 euros.
O Deputado salientou que, independentemente a esta sinatura, o organismo provincial colabora con máis de 20, entre os que se atopan algúns dos de máis poboación e meirande número de empregados públicos. “Isto constata que é un dos campos de actuación da Deputación máis atractivos e demandados polos Concellos, cos que tamén lles aforramos cartos ás entidades locais”, indicou.
Este departamento tamén se encarga da elaboración de Plans Integrais de Ordenación de Recursos Humanos para 7 Concellos: Alfoz, Barreiros, Castroverde, Sarria, Cervantes, Viveiro e Burela.
Balance cumprido
Melchor Roel fixo balance das políticas do seu departamento logo de asinar cos representantes sindicais, e os Presidentes da Xunta de Persoal, e do Comité de Empresa, a Mesa Xeral de Negociación. Durante o acto, ao que asistiron o Secretario Xeral de UXT, Eliseo Rivas, o Presidente de CSI-CSIF de Lugo, José Berciano, e o responsable de CC.OO para a Deputación, Antonio Fernández, os sindicatos destacaron o balance cumprido grazas ao diálogo entre todas as partes.
O Secretario Xeral de UXT lembrou que, xa no 2008, se realizou a valoración dos postos de traballo dos Hospitais San José e San Rafael, así como se negociou a transferencia de ambos os centros, e se asinou un convenio coa Xunta para elo. Neste senso, Eliseo Rivas instou ao Goberno de Núñez Feijóo a cumprir co acordado nas comisións técnicas mantidas cos traballadores, ao tempo que subliñou que “nós fixemos o noso traballo mentras que a Xunta o paralizou”.
Obxectivos para 2010
O titular do departamento de Persoal salientou que para 2010 un dos obxetivos da Deputación será mellorar o cumprimento da xornada laboral. Para elo, o organismo provincial ten contratado un sistema de control de presenza que se implantará no mes de marzo.
Ademais, tamén se levarán a cabo accións de mellora para a incorporación de persoal temporal que permitan cubrir as necesidades de efectivos con maior axilidade. Da mesma forma, o Deputado subliñou que, tendo en conta o ciclo económico, “levarase a cabo un control do gasto, para o que é necesario que os xefes das distintas áreas asuman a súas responsabilidades”.
Innova-TE
Melchor Roel destacou que o proxecto Innova-TE, é dicir, a chegada da e-administración a todos os Concellos da provincia na que está a traballar a Deputación, e na que se invisten 7 millóns de euros, suporá “a renovación e modernización da xestión de persoas no ámbito local”.
Neste senso, o Deputado explicou que a mediados do 2011 estará operativo o Sistema Integrado de Xestión de Persoal que permitirá facer a través da Internet a tramitación dos procesos selectivos, de contracións fixas e temporais, de nomeamentos, tomas de posesión e ceses, das autorizacións de compatibilidades, dos procedementos de provisión de postos de traballo e mobilidade interna, dos procesos de xubilación voluntaria, e a emisión de certificado





















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



