17 de Novembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PP espera “que foran convincentes as palabras de Pilar Farjas” sobre a área sanitaria da Mariña

15-10-09

NOTA DE PRENSA

Os populares esperan que foran convincentes as palabras de Pilar Farjas desmentindo as especulacións que sobre este asunto estaban a difundir nacionalistas e socialistas “con ánimo de xerar alarma social e confundir aos veciños da Mariña”

O PP DARÁ TRASLADO DA RESPOSTA DA CONSELLEIRA, GARANTINDO A CONTINUIDADE DA ÁREA SANITARIA DA MARIÑA Á XUNTA DE PERSOAL DO HOSPITAL DA COSTA E A PLATAFORMA SANITARIA

·        Balseiro empraza á Xunta de Persoal do Hospital da Costa a transmitir esta información entre os membros da Plataforma Sanitaria para “que dispoñan da información oficial da Xunta, e dos compromisos adquiridos solemnemente en sede parlamentaria”

A Mariña lucense, 15 de outubro de 2009.- O Partido Popular dará traslado á recentemente constituída Plataforma Sanitaria e á Xunta de Persoal do Hospital da Costa dun CD co vídeo da intervención  da conselleira  de Sanidade na sesión plenaria do Parlamento de Galicia celebrada no día de  onte na que Pilar Farjas confirmou, en  resposta a unha iniciativa do deputado popular Jose Manuel Balseiro, que a Xunta non ten previsto modificar o  mapa sanitario galego e que, polo tanto, o novo Goberno de Feijóo garante  a continuidade da área sanitaria da Mariña, o reforzo do cadro de especialidades médicas que se prestan no Hospital da Costa, e a mellora da súa dotación tecnolóxica e do seu cadro de persoal.

CREDIBILIDADE

Jose Manuel Balseiro espera que as palabras da conselleira desmentindo as especulacións que sobre este asunto estaban a difundir nacionalistas e socialistas “con ánimo de xerar alarma social e confundir aos veciños da Mariña lucense” gocen de toda credibilidade “pois foron realizadas dun xeito oficial e solemene no Parlamento de Galicia”. Neste senso insiste que malia que persistan nesta estratexia de engano e confusión, PSOE e BNG son moi conscientes de que están a mentir cando realizan as súas afirmacións: Nin haberá traslados forzosos a Lugo, porque o Hospital da Burela seguirá a ser o hospital de referencia para a poboación da Mariña lucense. Nin os intereses da sanidade  comarcal se xestionarán desde Ferrol, tal e como prevía o anterior Goberno bipartito.

INFORMACIÓN

Desde o Partido Popular esperan que veciños e colectivos da Mariña outorguen o valor debido ás palabras da conselleira de Sanidade e do propio Presidente da Xunta, quen tamén apostou pola mellora  do sistema público de saúde na nosa comarca con ocasión da súa visita á festa da Faba de Lourenzá. Piden ademais á Xunta de Persoal do Hospital da Costa, como promotores da Plataforma Sanitaria, que dean traslado desta información  ao resto dos colectivos integrantes aos que, en todo caso, ofrecen a posibilidade  de  acceder ao vídeo da comparecencia ou ben a través da web do Parlamento ou cursando unha petición a través  do correo electrónico pp.marinhalucense@yahoo.es. Os populares tamén farán chegar á Comisión de Participación Cidadá, a través da xerencia do Hospital un CD co vídeo da sesión parlamentaria. En todo caso agradecen a esa inmensa maioría de asociacións e colectivos da comarca que,  outorgaron unha  marxe de confianza á Consellería de Sanidade e ao propio deputado popular cando, nas pasadas datas insistiu nos mesmos argumentos confirmados no día de onte pola titular do departamento autonómico de Saúde.

AGOCHAR A LISTA DE ESPERA ENCUBERTA

Finalmente insistiu en que detrás da estratexia seguida por nacionalista se socialistas  respecto da sanidade comarcal está o intento de ocultar os máis de 1.500 veciños desta comarca que, segundo  deron a coñecer desde a Consellería de Sanidade formaban parte da  lista de espera encuberta no Hospital da Costa. Citas que os xestores do anterior Goberno bipartito no querían que se tramitasen para maquillar as  estatísticas sobre tempos de espera e demoras  na sanidade pública. “O BNG e o PSOE negaron a asistencia sanitaria a 1.500 mariñáns, cuxas citas tiñan agochadas nun caixón, e desto é do que deberían explicarse”

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive