20 de Xuño de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Ribadeo e a Axencia Tributaria inician a convocatoria para realizar a declaración

16-04-10

RIBADEO (FNC) .- O Concello de Ribadeo en colaboración coa Delegación da Axencia Tributaria de Lugo abre unha nova convocatoria para a realización da declaración da renda. O prazo para solicitar cita previa ábrese o vindeiro luns.

Segundo explica o alcalde, Fernando Suárez, “con esta iniciativa os veciños e veciñas poderán  realizar os trámites oportunos desde as instalacións do Concello de Ribadeo sen ter que desplazarse ás respectivas Delegacións de Facenda e dun xeito gratuito. O noso obxectivo con esta campaña é achegar os servicios públicos e facilitar a súa tramitación á cidadanía, á cal nos debemos en todo o traballo que estamos a facer aquí en Ribadeo”.

A campaña da renda  terá unha duración aproximada de dous meses, maio e xuño e o prazo de solicitude de cita previa comenza en Ribadeo o vindeiro luns 19 de abril. O rexedor di que “a nosa prioridade nesta campaña coma sempre, é a calidade do servizo que quedará asegurada por un técnico facultado de Axencia Tributaria que se achegará ás instalacións do Concello en horarios de mañá e tarde de cara a adaptarse aos horarios laborais e ás necesidades de cada usuario”.

Todos aqueles que desexen facer uso deste servicio deberán pedir cita previa no Concello, ben presencialmente ou ben  telefónicamente, comunicando o seu N.I.F e o teléfono de cara a axilizar os trámite e solucionar posibles incidencias no servizo.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive