A Sanidade Pública universal e de calidade foi a base fundamental para o desenvolvemento do Estado do Benestar e é un dos alicerces para asegurar a solidariedade e a equidade dentro dunha sociedade, pois supón o esforzo das persoas con máis poder económico e máis sas para permitir a atención sanitaria dos que teñen menos e están enfermos.
Nos últimos anos hai unha campaña xeneralizada para desprestixiar e desmantelar os sistemas públicos de saúde, coincidindo co auxe do neoliberalismo, aquí representado por o PP de Rodriguez Feijoo, que quere privatizar os sistemas sanitarios públicos e que busca neles unha oportunidade de negocio.
Esta tendencia cara ao desmantelamento dos sistemas sanitarios públicos afecta a Mariña de Lugo en maior ou menor medida, onde se observan intentos por avanzar na privatización dun sistema sanitario que goza de gran aprecio internacional, precisamente pola súa universalidade, fácil accesibilidade e carácter equitativo.
Con todo, a privatización non se realiza da mesma xeito en todas as CCAA, porque depende, en gran medida, tanto da vontade política dos gobernos autonómicos como da capacidade dos cidadáns e das forzas sociais para evitalo. Son as CCAA gobernadas polo PP onde se produciron ataques máis serios contra a Sanidade Pública , como sucede en Madrid ou Valencia e agora en Galicia, por citar só as máis significativas.
Nesta campaña privatizadora xoga un papel fundamental a estratexia de convencer á opinión pública das ineficiencias e problemas de funcionamento do sistema sanitario público, cando son os neoconservadores e neoliberais os principais responsables desta situación mediante a introdución de novas formas de xestión empresarial, que coa desculpa de innovar, o que en realidade buscan é pór por diante o aforro, esquecendo a calidade da atención sanitaria.
Os grandes perdedores destes cambios que se aveciñan serán os cidadáns, porque a calidade dos servizos sanitarios empeorará, e porque os modelos privatizados teñen uns custos moi superiores.
A falta de interese político pola Sanidade Pública concrétase na masificación e nas listas de espera para intervencións cirúrxicas, para as consultas dos especialistas, as probas diagnósticas e, mais recentemente, para os médicos xerais e pediatras. Todo iso desde unha política de premeditado descrédito da Sanidade Pública , pois está claro que este é o primeiro paso para conseguir un apoio cidadán á súa privatización.
Dánse casos por aquí vergoñentos, como o de desprazar a enfermos a hospitais públicos “amigos” onde paga a administración ou nomeamentos de xestores de hospitais que ata antonte eran administradores e socios de clínicas privadas.
Aínda estamos a tempo de salvar un Sistema Sanitario que está valorado entre os mellores do mundo, pola calidade dos seus servizos e sobre todo polo seu carácter universal, gratuíto e solidario. Por iso este sábado todos os cidadáns e profesionais da saúde “bos e xenerosos” mobilizámonos no seu defensa. Non podemos permitir que a Sanidade Pública convértase nun negocio no que uns poucos benefíciense á conta da saúde de todos.
Otero Regal








O encontro, aberto ao público, terá lugar na Casa Museo Álvaro Cunqueiro e será moderado por membros da propia asociación. A sesión busca reflexionar colectivamente sobre a posibilidade de que Mondoñedo aspire a ser recoñecida como Patrimonio da Humanidade, abordando a cuestión desde perspectivas históricas, patrimoniais, artísticas, naturais e humanísticas. A actividade comezará ás 11:00 h e a organización anima a toda a veciñanza a participar e compartir opinións.
Celebrarase o venres 29 de maio ás 17:00 h e será gratuíta. Abordará o papel dos poliquetos no ecosistema mariño, as súas características e os riscos do uso de especies exóticas, con proxeccións e maquetas de varias especies empregadas como cebo. Impartiraa o grupo BIOCOST da Universidade da Coruña e está organizada por Posta de Encontro xunto con RedeMar, Xunta de Galicia, Federación Galega de Confrarías e a UDC. Reservas: WhatsApp no 634 97 08 86; 982 13 19 23; buenas@capturaspesca.com ou directamente na tenda Capturas Pesca, onde se celebrará o evento (Av. Leopoldo Calvo Sotelo 49, Ribadeo).
O Concello informa de este mércores producirase un corte no subministro de auga en varias parroquias con motivo das obras de abastecemento que se están a realizar en Landrove. As zonas afectadas serán as parroquias de Chavín, San Pedro, Valcarría, Landrove, Galdo e Magazos ata Ruanova. O corte está previsto entre as 9.00 e as 15.00 horas aproximadamente, polo que se recomenda á veciñanza que tome as medidas oportunas durante esa franxa horaria. Desde o Concello pídeselle comprensión á cidadanía polas molestias que esta incidencia poida ocasionar e lémbrase que se trata dunha afección puntual derivada dunha actuación necesaria para a mellora da rede de abastecemento.
O Comité de Empresa de Alúmina‑Aluminio San Cibrao informa de que a Secretaría de Industria convocou ao comité á 19ª reunión de seguimento do acordo de viabilidade, que se celebrará o venres 15 de maio ás 12:30 horas na Delegación do Goberno en A Coruña. Unha vez rematada a reunión, o comité procederá a informar aos traballadores sobre os resultados e avances do encontro.
A iniciativa, organizada polos concellos de Navia, Coaña e Villayón xunto coa asociación AISPA, reuniu máis de 70 persoas. Explicáronse requisitos, prazos e novidades dun proceso cuxo prazo remata o 30 de xuño. Os tres municipios detectaron a necesidade de ofrecer información e apoio á poboación migrante para facilitar a súa regularización e acceso ao emprego, especialmente nun momento no que sectores como os coidados, a construción e o metal precisan man de obra. Os concellos valoran a alta participación e lembran que para dúbidas adicionais está dispoñible o teléfono 655 608 610.
A participación estará aberta do 14 ao 18 de maio, e a persoa gañadora poderá escoller entre cinco modelos diferentes. A propietaria, Susana Moreira, fai un balance moi positivo desta década, na que o negocio evolucionou ata centrarse en mercería, venda de la e artigos artesanais elaborados por ela mesma. Ademais, ofrece arranxos de roupa e organiza cursos e talleres de ganchillo, calceta e bordado, como o previsto para o 23 de maio. A maior parte da clientela e das persoas que participan nas actividades son mulleres, aínda que tamén acoden nenos e mozos interesados en técnicas como os amigurumis.
Será este xoves, día 14 de maio, ás 19:00 horas no salón de actos do Concello. O mago Pedro Bugarín presentará o seu espectáculo titulado Galicia con maxia. Para esta actividade o Concello de Lourenzá conta coa colaboración da Deputación de Lugo.



