12 de Xullo de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Uns 100 operarios e máis de 60 vehículos da Deputación traballan para nromalizar estradas da Mariña

11-06-10

LUGO .- A Deputación continúa a traballar dende primeiras horas do día de onte para restablecer a situación nas estradas provinciais da Mariña e para atender as incidencias ocasionadas polas fortes choivas que ocasionaron importantes danos materiais nesta zona da provincia. Nestes momentos, as empresas adxudicatarias da Conservación da rede viaria provincial están a traballar en todos os Concellos que presentan problemas, así como as máquinas do Parque Móbil. En total, o amplo dispositivo despregado pola Deputación está formado por 90 operarios e 61 vehículos.

A intensidade das choivas rexistradas sobre todo no día de onte é a consecuencia de que nestes momentos permanezan cortadas ó tráfico 9 estradas provinciais das que 7 están na zona norte da provincia e as dúas restantes en Cospeito e Paradela. Polo que se refire ós viais que están pechados na Mariña son os seguintes: Ourol (CP 6502 por desprendemento dun taúde); Ribadeo (CP 5204 por derrubamento dunha ponte); Trabada (CP 6104 e CP 5204 por fundimento da calzada no primeiro caso e derrubamento de taúdes no segundo); Lourenzá (CP 2808 por asolagamentos); A Pontenova (CP 4809 por fundimento da calzada); e Foz (CP 2007 por fundimento da estrada e por desprendementos). No caso do resto da provincia está pechada a CP 1703, en Cospeito, por auga na estrada e a CP 4203, en Paradela, pola presenza dunha árbore que invade a vía.

O dispositivo mobilizado pola Deputación continúa en alerta para atender calquera tipo de incidencia que poida xurdir na rede viaria provincial e garantir a seguridade dos viandantes, e para que a situación se restableza canto antes.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive