19 de Maio de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Xa está programada a terceira edición do EXPESS-Arte en Cervo para o mes de xullo

07-06-10

CERVO .- Os días 29, 30, 31 de Xullo e o día 1 de Agosto, na Praza do Souto de Cervo,ás nove e media da noite, volverá abrirse a fiestra das oportunidades artísticas de EXPRESS-arte na súa III Edición, coincidindo coa celebración das X Veladas de Teatro.

Nesta festa das oportunidades caben todas aquelas persoas capaces de subirse a un escenario co fin de gozar e compartir aquilo que artisticamente sempre lle apeteceu realizar: cantar, contar contos, parrafeadas, monólogos,mimos, tocar instrumentos, maxia, etc… Para iso, de forma totalmente gratuíta, a organización pon a disposición dos participantes un escenario equipado con iluminación e son axeitados durante un tempo máximo de media hora cun promedio de aforo de catrocentas persoas diarias que son as que veñen asistido ás veladas nas súas últimas edicións.

Tendo en conta os satisfactorios resultados das dúas edicións anteriores confíase en que EXPRESS-arte 2010 sexa a proba definitiva para consolidar esta cita como outra alternativa cultural máis nos veráns da Mariña

Para información e inscrición enviar e-mail a franpigon@hotmail.com ou consultar Blogspot Bordelo Cervo.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive