09 de Agosto de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Eido Dourado contará con visitas guiadas a partir do 22 de xullo

20-07-10

BARREIROS (FNC) .- Eido Dourado estrea o vindeiro xoves as visitas guiadas a partires das sete da tarde, segundo ven de anunciar o artista barreirense Celso Dourado. Ademáis fai un balance moi positivo da acollida que está a ter a segunda tempada deste espazo adicado ao arte.

Celso Dourado di que “o balance é moi positivo pensando e concebindo que é unha historia difícil de encaixar a nivel turístico, pero estáse a facer xa un nome no entorno das praias barreirenses e tamén da praia das Catedrais. Cada vez acode máis xente e estamos a ver que moitas persoas que pasaron por aquí na primeira tempada do Eido Dourado están a repetir con máis xente. Esto indica que se está a converter nun punto de referencia cultural”.

Son moitos tamén os extranxeiros que se achegan a estas instalacións. O artista conta que “tiven a sorte de que distintas publicacións vinculadas ao turismo estiveron a meter o Eido Dourado nas súas reseñas e iso estáme a permitir unha afluencia de xente prefigurada. Nesta segunda tempada está a vir unha grande cantidade de público holandés pola proximidade dos campigns, pero ao mesmo tempo porque o noso espazo saiu nunha publicación de viaxes de Holanda, algo que tivo certa influencia entre o público holandés que pasa por aquí”. Para os que repiten visita ao Eido Dourado, aquí vai algún consello do autor “houbo unha serie de intervencións novidosas no xardín xogando coa auga e ao mesmo tempo unha aportación a nivel expositivo cun par de series de cadros novas e unha tipoloxía de pintura fundamentada na cor. Eu era sempre partidario de que a liña predominara sobre a cor e agora cada máis aflúe a cor na miña obra”.

O Eido Dourado estreará as visitas guiadas o vindeiro xoves 22 de xullo, “as persoas que queiran acudir cunha visita guiada, cunha explicación do autor tanto da obra pictórica como do resto do conxunto arquitectónico poden solicitala no Eido Dourado ou chamando por teléfono ao 982 12 44 51. Serán os xoves ás sete da tarde, considero que é unha hora prudente para visitar a exposición e para que leven a idea de cómo resolvo a miña obra tanto técnica como tematicamente”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive