09 de Agosto de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Eido Dourado está presente en guías de viaxes e culturais de España e do estranxeiro

27-08-10

Nota de prensa

EIDO DOURADO ESTÁ PRESENTE EN GUÍAS DE VIAXES E CULTURAIS ESPAÑOLAS E EXTRANXEIRAS. O SEU AUTOR CONSIDERA IMPORTANTE QUE OS FITOS CULTURAIS DISPERSOS POR GALICIA SE CONSTITÚAN EN FOCOS DINAMIZADORES DA CULTURA.

Barreiros, 27 de agosto de 2010. Eido Dourado está presente en guías de viaxes e culturais españolas e extranxeiras. O seu autor, Celso Dourado, considera importante que os fitos culturais dispersos por Galicia se constitúan en focos dinamizadores da cultura.

Dourado amósase satisfeito coa afluencia de visitantes que está a rexistar este espazo adicado á arte e explica que “a xente que visita o Eido Dourado motívase moito cos cadros debido á grande variedade de técnicas que se expoñen e tamén cos xardíns, a parte paisaxística engarzada perfectamente coa arquitectónica. Os dous xardíns son un dos atractivos que máis chaman a atención”.

O artista barreirense asegura que “segundo as estadísticas que barallamos grande cantidade de xente repite e volta con outra á que lle amosan o que eles percibiron nun determinando momento. É un feito importante porque incluso hai xente que se despraza á nosa Mariña e lle recomendaron que non deixara de visitar o Eido Dourado. Penso que é un signo claro de que este espazo se está a consolidar como un fito cultural na nosa comarca, no medio rural. Por primeira vez nun recuncho da Mariña na praia de A Pasada ves pasar por este espazo cultural xente procedente de Alemaña e Holanda, así como de País Vasco, León e Madrid, entre outros puntos. Esto é unha zona de paso, algo que nos permite acceder a un público moi amplo”.

Celso Dourado subliña que “o Eido Dourado está presente nalgunha guía de viaxes holandesa. Tamén amosaron interés guías de cultura, hai unha publicación chamada Iberia rural na que aparecemos destacados. E a miña sorpresa é que a revista máis importante de decoración e arquitectura de estilo rústico Casa y Campo amosou o seu interés por nós e vánse desprazar desde Madrid para facer unha reportaxe. Eso demostra unha vez máis que o Eido Dourado empeza a asentarse, a consolidarse… é importante que os fitos culturais dispersos pola nosa Galicia se constitúan en focos dinamizadores da nosa cultura”.

Os que aínda non visitaron o Eido Dourado poderán facelo aproximadamente ata o 20 de setembro en horario de 11.00 a 13.30 e de 16.30 a 21.30 horas. Despois pechará as súas portas para preparar a vindeira temporada.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive