13 de Agosto de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Comisión pola Sanidade Pública de Foz concentrase o sábado en demanda do servizo de urxencia

01-09-10

NOTA DE PRENSA:

– O Próximo sábado día 04 de Setembro, as 12 horas, no lugar de costume, terá lugar a concentración que a Comisión Focega en Defensa da Sandade Pública ven facendo todos os primeiros sábados de mes. Estas concentracións fanse en demanda de un Servizo de Urxencias Médicas para o Centro de Saúde de Foz.

– A Comisión Focega en Defensa da Sanidade Pública continua a espera da reunión co Conselleira de Sanidade. En dita reunión queremos revisar o estudo comprometido na reunión anterior mantida con membros da Consellería.

– Queremos recordar que fai varios meses o portavoz municipal do grupo popular, o presidente da xestora do PP de Foz e o señor Balseiro, comprometéronse con nos a xestionar dita reunión. Esperamos que cumpran a súa palabra, si e que a teñen. Nos non esquecemos. E esta ben que os veciños de Foz coñezan como cada quen cumpre os seus compromisos.

– Tamén queremos recoller unha queixa xeneralizada dos usuarios do Centro de Saúde de Foz. Referímonos a obra que tivo lugar na primeira planta e que supuxo que na sala de espera desa planta faga moita calor, se reducise a luz natural e a ventilación, o mesmo tempo que se perde un espazo publico como son os servizos que se eliminaron para o uso dos pacientes.
Esta obra supuxo unha perdida de calidade para os usuarios do Centro de Saúde de Foz, sen que os nosos representantes municipais dixesen absolutamente nada, como sempre non se enteran ou non se queren enterar.
Tamén queremos recordarlle o responsable das obras que antes de facer unha reforma hai que valorar os beneficios e os contras e ver os prexuízos que pode levar a cabo.

– Por último queremos animar os nosos veciños a que acudan a concentración do vindeiro sábado.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive