19 de Outubro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Inauguraron unha exposición de óleos de gran formato no CENIMA en Foz

05-09-10

Abriu ao público o CENIMA de Foz a exposición “OLGAS” de Alberto Pena Rey. A mostra está composta por unha serie de pinturas ó óleo sobre lenzos de gran formato, creadas a partir de impresións dixitais de olgas, tomadas na Mariña durante o pasado inverno. A exposición poderase visitar ata o 18 de setembro. A sala do CENIMA elixida para expoñer esta mostra, está separada visualmente do mar por un vidro, circunstancia que permite á obra entrar en confluencia directa co exterior, coa subida e a baixada das mareas.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive