A Xunta de Galicia en colaboración coa concellaría de Cultura e Xuventude do Concello desenvolve en Cervo a programación cultural ESPAZOS SONOROS
Nota de prensa:
O QUINTETO “NUESTRO TIEMPO” INTERPRETARÁ MUSICALMENTE OS TANGOS MÁIS SALIENTABLES DO XENIAL COMPOSITOR ASTOR PIAZOLLA
Será as 20 horas no Museo Histórico sede do Real Patronato de Sargadelos.
Cervo, 28 octubre de 2010.- Mañá venres, 29 de outubro, a partires das 20.00h. a Casa da Administración de Sargadelos acollerá unha nova actuación musical programada dentro do festival “Espazos Sonoros” organizado pola Xunta de Galicia en colaboración coa concellaría de Cultura e Xuventude do Concello de Cervo
Nesta ocasión será o quinteto “Nuestro Tiempo” especializado en tango contemporáneo, sobre todo en obras compostas por Astor Piazzola, un dos músicos de tango máis celebres do mundo, sen dúbida o gran mestre do xénero. Nas súas actuacións o quinteto tamén inclúe obras de Tango Clásico.
O quinteto está formado por:
Matías González – Bandoneón
Beira Pavlova – Piano
Marcelo González – Violín
Romain Lecuyer – Contrabaixo
Guillermo Bazzola – Guitarra eléctrica
Debido ao gran éxito que teñen nas súas presentacións deciden formar o quinteto, co fin de interpretar a música de Astor Piazzolla segundo as súas partituras orixinais. Trátase en todos os casos de músicos cunha ampla formación, na maioría dos casos clásica e cunha gran experiencia en numerosas agrupacións.
Astor Piazzolla (1921 ? 1992) non é só o músico de tango máis soado no mundo, senón tamén un compositor cultivado por notables concertistas, músicos de jazz, conxuntos de cámara e orquestras sinfónicas de todo o planeta. É posible que leve ao tango ata os seus límites, tan lonxe -esteticamente falando- que moitos tanguistas non tiveron a capacidade de acompañalo nin de entendelo. Aos que si o seguiron, e aos que viñeron despois, legoulles o difícil problema de subtraerse, aínda que sexa en parte, da súa influencia e de atopar un novo rumbo logo da súa obra.
Ao longo da súa traxectoria, *Piazzolla tivo numerosas formacións, con todo foi a do quinteto a que representou á perfección a síntese da súa arte. Con todo, a pesar do furor por esta música case ninguén o fai respectando o formato orixinal da súa música para quinteto.
Esta será a última cita da programación 2010 do progama “Espazos Sonoros”.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



