19 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

ADEGA celebra asembleas xerais e xantar de confraternización o sábado na Coruña

24-11-10

Nota de Prensa
Este vindeiro sábado 27 de novembro na Coruña terá lugar a Asemblea Xeral de ADEGA. Será a 35 Asemblea Xeral que celebra ADEGA dende 1975, e desta volta estará organizada pola delegación d’A Coruña. O lugar será o Centro Cívico dos Mallos (Avda. de Arteixo 147, bx.). Arestora en Galiza estase a consolidar unha involución ambiental sen precedentes da man da crise e do capitalismo depredador que ameaza mesmo á esencia da nosa identidade: o territorio. O ecoloxismo e a sociedade debemos facer fronte a este desafío e reclamar unha xestión do noso territorio, o recurso non renovábel máis valioso, centrada na conservación e uso sustentábel dos seus valores fronte á depredación, a mercantilización ambiental e o lucro desmedido.

ORDE DO DÍA. 35 Asemblea Xeral de ADEGA

Sábado 27 de novembro de 2010

Mañán:
10:30 Saúdos e benvida.
10:40. Balanzo de actividades e propostas.
11:15. Planificacion estratexica e xestión do cambio. Ás 11:30 saudaremos aos asistentes e celebraremos unha rolda de prensa.
11:50. Definición liñas estratéxicas: Comunicación; Educación ambiental; Territorio; Alianzas…

13:30. Xantar de confraternización
Tarde:
16:00. Informe económico.
16:30. Organización. Regulamento.
17:30. Fundación. Estatutos.
17:45. Elección da nova Xunta Directiva.
18:00. Propostas de resolución.
18:30. Peche.

18:30. Asemblea Xeral Extraordinaria. Punto único: proposta de modificación de Estatutos.

O xantar de confraternización será na cervexaría “Paddock” no 111 da mesma Avda. de Arteixo. O prezo é arredor de 15€.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive