18 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Barreiros anuncia que adica 250 mil euros a arranxar camiños

29-11-10

Nota de prensa
O CONCELLO INVISTE 250.000 EUROS NO ARRANXO DUNHA VEINTENA DE CAMIÑOS. ALFONSO FUENTE LAMENTA QUE A DEPUTACIÓN SIGA A ESTAS ALTURAS DA LEXISLATURA SEN ARRANXAR NIN UN SÓ METRO CADRADO DAS VÍAS DE TITULARIDADE PROVINCIAL.

Barreiros, 29 de novembro de 2010. O Concello inviste 250.000 euros no arranxo dunha veintena de camiños. O alcalde, Alfonso Fuente, explica que “se reparten por todo o municipio tanto pola zona sur como pola norte. Despois de ter revisado o estado da rede viaria municipal decidíuse incluir esta relación por seren os máis necesitados”.

Trátase de: escolleira Celeiro de Mariñaos-San Caetano; camiño Vilamartín Grande-Gontán; camiño San Esteban do Ermo; camiño Ásperas-San Miguel; camiño Reinante, paralelo á nacional; camiño Santiago de Reinante; camiño Vilamartín Pequeno; camiño Vilamartín Grande; estrada Deputación-igrexa de San Xusto; camiño Ladrido-San Xusto; camiño Celeiro de Mariñaos; acceso á Cabana da Vella; camiño Ladrido-Rilleira pola Granda; camiño do Santiago desde a N-634; camiño en Ibia, San Xusto; camiño de Pereira (tramo I e II); camiño de Triana en San Miguel; camiño da N-634 a Entrerríos e camiño da Caxiga.

Fuente Parga asegura que “o Concello lamenta que a Deputación Provincial siga a estas alturas da lexislatura sen arranxar nin un só metro cadrado nas vías de titularidade provincial, que no noso caso son vías principais como as que baixan desde a N-634 ata as praias, a que sube a Trabada e a que vai desde Vilamar por San Xusto, Gondán e remata na Insua”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive