18 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Asegura o PP que unha semana despois da posta en funcionamento da administración electrónica na Deputación non está operativa

20-01-11

Nota de prensa

O GPPP asegura que a intranet da administración electrónica non funciona

Lugo, a 20 de xaneiro de 2011.- “O salto cualitativo e cuantitativo do que falaba hai uns días José Ramón Gómez Besteiro para referirse á posta en marcha da administración electrónica na Deputación converteuse en realidade nun tropezón”. Así o asegurou o voceiro adxunto dos populares José María González Barcia, quen indicou que “unha semana despois da hipotética posta en funcionamento deste servizo on line resulta que aínda non está operativa porque a intranet da que deberían valerse os traballadores dos concellos e da propia Deputación para poder empregar esta ferramenta non funciona”.

Para Barcia, “o salto previsto converteuse en resbalón, ou o que o mesmo, os anuncios de Besteiro, como acontece con demasiada frecuencia, quedanse niso, en meros anuncios, neste caso, virtuais”.

A implantación da e-administración a través do programa Innova-TE, ó que se adicaron nove millóns de euros, por tanto, ademais de chegar tarde, posto que debería estar operativo xa a principios do pasado ano, cando chega, non funciona e hai, por tanto, que continuar a empregar os métodos tradicionais para realizar as xestións pertinentes ante a administración provincial.

Os concellos seguen a comunicarse coa Deputación polos métodos habituais, esto é corre tradicional, electrónico e teléfono porque a clave facilitada ós funcionarios o pasado día 5 para que accedan ó portal que debería terse habilitado a través do Innova-TE está inactivo. Barcia aconsella por elo a Besteiro que antes de anunciar nada “e colocar vallas publicitarias”, se cerciore de que está en disposición de poder cumplilo.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive