Nota de prensa
MEDIO RURAL INICIA O ARRANXO DOS PUNTOS MÁIS DETERIORADOS DOS CAMIÑOS DA CONCENTRACIÓN PARCELARIA DE VAL DE ALFOZ
? A delegada territorial, Raquel Arias, sinalou que se acometerá unha actuación global nos viais unha vez asinado o convenio coa Deputación para o arranxo das estradas da rede provincial
Alfoz, 24 de xaneiro de 2011.- A Consellería de Medio Rural inicia mañá os traballos de reparación dos puntos máis deteriorados da rede de camiños que da servizo á área de concentración parcelaria do Val de Alfoz.
A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, acompañada polo alcalde da localidade, Emilio Lousas, visitou hoxe a área de concentración, que afecta a unha superficie global de 1.667 hectáreas e na que se trazou unha nova rede de camiños que suma unha lonxitude de 68,35 quilómetros.
Arias fixou en 3.848.491,67 euros o investimento realizado pola Xunta na apertura destes case 70 quilómetros de novos viais, “e nestes momentos están orzamentados arredor de 300.000 euros que son necesarios para rematar o seu acondicionamento”, engadiu.
A delegada explicou que esta actuación pretende corrixir o firme nalgúns tramos especialmente danados polas fochancas, á espera dunha actuación global en todo o trazado que “está pendente da sinatura dun acordo coa Deputación Provincial que permitirá abordar o arranxo das estradas da rede provincial afectadas polo proceso de concentración”.
Así, expuxo que a reestruturación do terreo obrigou a introducir modificacións en catro estradas que son de titularidade provincial. En concreto, Medio Rural executou na rede provincial 5,6 quilómetros de tramos de nova construción e a ensanchou e mellorou outros 6,3 quilómetros.
A consellería asumiu en todos os casos os traballos básicos de construción dos novos trazados e mellora dos tramos que se conservan, procedendo á ocupación dos terreos, explanación e o aporte de zahorras.
Igualmente, procederá ao asfaltado do 78% da lonxitude total a reformar, en concreto 9,3 quilómetros de vías. En virtude do estipulado entre Xunta e Deputación, a institución provincial asfaltará os 2,6 quilómetros restantes. Arias confiou en que o acordo “sexa oficial en breve”.
Datos da concentración
A delegada territorial lembrou que a concentración parcelaria que se leva a cabo no Val de Alfoz beneficiará a 1.512 propietarios e comprende a totalidade dos terreos das parroquias de Adelán, Carballido, Castro de Ouro, Lagoa, San Pedro de Mor e Reirado, no concello de Alfoz.
A delegada subliñou “o importante avance que significa un proceso destas características de cara a un mellor aproveitamento dos recursos”. A concentración de terras “optimiza o uso do solo, rendabiliza a utilización de maquinaria e permite obter mellores resultados cun menor esforzo”, subliñou.
No caso de Alfoz, a superficie afectada está actualmente dividida en 7.736 parcelas, cunha extensión media de 1.973 metros cadrados cada unha. Tras da concentración converteranse en 2.412 fincas, cunha superficie media de 6.055 metros cadrados. Iso significa que cada propietario posúe ata o de agora unha media de 5,11 parcelas e pasará de dispoñer dunha media de 1,59 fincas.
Investimentos en Alfoz
No transcurso da visita, na que Raquel Arias estivo acompañada tamén polos polos parlamentarios autonómicos José Manuel Balseiro e Emma Alvarez Chao, a delegada destacou que “Medio Rural investiu máis de 900.000 euros no concello de Alfoz durante o pasado ano, o que da a medida do esforzo inversor que realiza esta consellería”.
Os investimentos englobaron diversos aspectos, como as axudas a empresas para a comercialización de produtos forestais –máis de 368.000 euros-, os propios traballos de concentración parcelaria -114.741 euros-, subvencións para a modernización de explotacións agrícolas ou traballos preventivos de loita contra o lume.
Igualmente, acometeuse o saneamento en varios puntos da parroquia de Carballido –cun orzamento de 95.778 euros- e foi necesario investir máis de 21.000 euros en obras de emerxencia para a reparación dos danos provocados polas choivas ocorridas no mes de xuño





















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



