21 de Febreiro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O concello de Burela participará no “Salón galego da gastronomía e do turismo Xantar 2011” en Ourense

31-01-11

Nota de prensa

BURELA PARTICIPARÁ NO SALÓN GALEGO DA GASTRONOMÍA E DO TURISMO XANTAR 2011 EN EXPOURENSE, QUE SE CELEBRA DO 2 AO 6 DE FEBREIRO.
Burela, 31 de xaneiro de 2011. Burela estará presente na décimo segunda edición do Salón Galego da Gastronomía e do Turismo Xantar 2011, que se desenvolverá no recinto feiral de Expourense do 2 ao 6 de febreiro, segundo ven de anunciar o concelleiro de Turismo, José González Legazpi.

O edil nacionalista sinala que “o Concello de Burela estará presente un ano máis nun dos escaparates turísticos e gastronómicos máis importantes de España e Portugal, un evento que concentra a máis importante presenza de expositores do país veciño e que nesta edición incrementa o seu posicionamento segundo a organización cunha representación que se achega a un importante número de institucións e concellos”. En Expourense haberá máis de 125 expositores nun recinto feiral duns 12.000 metros cadrados. A organización agarda para esta edición a presenza de máis de 25.000 visitantes.

González Legazpi segue a contar que “nesta XII edición de Expourense 2011 estará Francia como país convidado, xunto con Andalucía, Xaén, Badaxoz, Asturias, e outras, así como as rexións turísticas portuguesas de Porto, centro, norte e Douro, Lisboa e Val do Texo xunto con Concellos, Deputacións, consulados e outras institucións, o que representa un importante punto de encontro para o turismo e a gastronomía. Consecuencia ésta pola que o Concello de Burela estará presente un ano máis neste interesante certame, para seguir valorizando o noso interese turístico e gastronómico, no senso de afianzar e posibilitar cotas de crecemento para Burela dentro do ámbito turístico”.

O concelleiro de Turismo destaca tamén que “a miña delegación ten chegado a un acordo co Consello Regulador Denominación de Orixe Monterrei, polo que o vindeiro sábado día de Burela degustarase o bonito do norte, farase nesta XII edición de Expourense, acompañada dos prezados viños de Monterrei. Esta iniciativa representa un novo avance cara ao interés gastronómico e turístico do noso Concello e a súa potenciación, xa que tamén se faran transcender os nosos recursos a traves dunha denominación do prestixio de Monterrei”.

José González Legazpi engade que “Burela estará presente en Expourense 2011 con stand propio, no que se divulgarán todos os nosos recursos turísticos, gastronómicos, culturais e históricos dentro dun espazo de importante repercusión pola súa situación xeografica de conexión coa meseta e o norte de Portugal e mesmo pola súa importante repercusión gastronómica consolidada no ámbito internacional, e por tanto de grande trascendencia para a potenciación do turismo para o Concello de Burela”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive