Aberto o centro de asesoramento empresarial da Deputación, Innova Empresa
– Este servizo, na sede do INLUDES e creado no marco do proxecto Innova-TE, nace coa vocación de crear emprego, acadar empresas máis competitivas e impulsar iniciativas emprendedoras mediante o uso das novas tecnoloxías
– Trátase do primeiro centro da provincia en ofrecer un asesoramento integral a empresarios, emprendedores e artesáns
– Unha das súas primeiras actuacións foi elaborar a Guía TIC que estende o uso das novas tecnoloxías entre o empresariado e publicita gratis ás firmas do sector
A Deputación de Lugo inaugurou este luns na sede do INLUDES o seu centro de asesoramento empresarial, Innova Empresa, nun acto presidido polo titular do organismo provincial, José Ramón Gómez Besteiro, ó que asistiron o Alcalde de Lugo, José López Orozco, e empresarios e personalidades da provincia. Innova Empresa é un servizo pioneiro en Lugo que nace no marco do proxecto tecnolóxico Innova-TE coa vocación de fomentar a creación de emprego, mellorar a competitividade e produtividade das empresas e impulsar iniciativas emprendedoras mediante o uso das novas tecnoloxías. É o primeiro centro da provincia en ofrecer un asesoramento integral a emprendedores, empresarios e artesáns, de maneira que estes poderán contar con apoio personalizado durante todo o proceso para a posta en marcha de calquera proxecto.
A carteira de servizos de Innova Empresa divídese en: asesoramento tecnolóxico a empresas e Pemes, asesoramento para a creación de empresas (axudas públicas, financiación, fiscalidade, contratación laboral…), información sobre os instrumentos e os programas de financiación pública de I+D+i e asesoramento para artesáns. O horario de atención presencial e por teléfono (982.250.010) é de 8:00 a 15:00 horas, de luns a venres. Tamén se pode contactar a través de correo electrónico, na dirección: innova-empresa@deputacionlugo.org
Ten unha páxina web (www.innova-empresa.es), activada tamén hoxe, na que se ofrece ó usuario información sobre innovación e tecnoloxía, iniciativas emprendedoras, axudas e formación, e experiencias de empresarios que incorporaron con éxito as novas tecnoloxías ós seus modelos de negocio tradicionais. Destaca a posibilidade de acceder a través deste portal ó escaparate de empresas TIC da provincia e de que as persoas interesadas en montar o seu propio negocio poidan facer un test para coñecer cal é realmente a súa capacidade emprendedora.
O Centro de Asesoramento Empresarial ten solicitado ante o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio a creación nas súas dependencias dun Punto de Asesoramento e Inicio de Tramitación (PAIT), un servizo que permite realizar os trámites de constitución e posta en marcha de sociedades limitadas e autónomos de maneira telemática. A través desta oficina, poderase poñer en marcha un proxecto empresarial en 48 horas.
Coa apertura de Innova Empresa, a Deputación facilita un profundo coñecemento das empresas lucenses, mide o peso real do tecido empresarial e permite aliñar con maior facilidade a oferta das TIC coa demanda dos demais sectores. Favorece por outra banda a concienciación do empresariado lucense de que as novas tecnoloxías e a innovación son un elemento diferenciador e clave para mellorar a competitividade e produtividade a medio prazo.
A Guía TIC
A elaboración da Guía TIC foi unha das primeiras actuacións de Innova Empresa. Esta publicación dixital, tamén dispoñible no portal do centro de asesoramento, está destinada a fomentar e facilitar o uso das novas tecnoloxías entre os empresarios e serve de pulo ás firmas do sector ó poder ofrecer e promocionar nela os seus produtos e servizos.
Por unha banda, a guía informa de maneira clara e sinxela sobre os beneficios que supón a implantación das TIC e os pasos básicos a seguir para facelo. A Guía TIC inclúe por outro lado unha relación de empresas tecnolóxicas da provincia de Lugo –froito dun intenso traballo de campo-, que palía o descoñecemento actual existente e serve de escaparate para que ofrezan todos os seus produtos e servizos. Polo momento están incluídas 88, aínda que todas as que desexen adherirse poderán facelo. No acto de hoxe repartíronse exemplares da publicación entre os asistentes, pero aqueles interesados en facerse con unha, só teñen que dirixirse ó centro.
Máis de 100 empresas tecnolóxicas en Lugo
Na actualidade existen na provincia lucense máis de 100 empresas relacionadas coas novas tecnoloxías. As 88 primeiras que colaboraron na elaboración da Guía TIC dan emprego a máis de 530 persoas e a súa facturación global ronda os 55 millóns de euros, o que supón o 0,84% do PIB da provincia. A gran maioría, un 76%, concéntranse no Concello de Lugo. A súa actividade está relacionada na gran parte dos casos co hardware (asistencia técnica e mantemento, venda de equipos, etc.), con Internet e os seus contidos, e coa consultoría tecnolóxica.
A posta en marcha do Centro de Asesoramento Empresarial forma parte do Innova-TE que impulsa a Deputación, o programa para a implantación da Administración Electrónica máis ambicioso de Galicia, pois prevé ter listo o proceso neste 2011, financiado nun 70% con fondos Feder e nun 30% polo INLUDES. Este proxecto permitirá acabar coa fenda dixital existente ata o de agora en Lugo e sensibilizar ós cidadáns da importancia do uso das TIC, ademais de mellorar os canles de atención do organismo provincial e dos Concellos á cidadanía e poñer as novas tecnoloxías ó servizo do empresariado, potenciando o seu uso de cara ó fomento da capacidade empresarial e a xeración de emprego.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



