21 de Novembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O goberno de Lourenzá dubida do plan Lugo Emprega 2011 “visto o resultado” da selección de persoal

25-02-11

Nota de prensa

En tanto en canto non se nos acredite por parte do Secretario da Excma. Deputación de Lugo que o proceso selectivo tivo en conta os principios de mérito, igualdade e capacidade que se deben esixir en toda contratación pública

O EQUIPO DE GOBERNO DO CONCELLO DE LOURENZÁ SOLICITAMOS A PARALIZACIÓN DA CONTRATACIÓN DO PLAN LUGO EMPREGA 2011

* O resultado das probas selectivas veñen a confirmar o engano e a burla a que se viu sometida a xente de boa fe que acudíu ao proceso selectivo. Certos individuos, coñecedores da súa selección presumiron de, nin tan sequera cubrir as preguntas do exame, así como da súa afiliación política

* O Ente Provincial non respetou o principio de autonomía municipal

* Non se tiveron en conta as necesidades municipais e procedeuse a selecionar persoal descoñecendo as funcións para as que ían a ser contratados

* Con plans como iste o que pretenten ocultar é a súa mala conciencia pola dilapidación de recursos públicos que están levando a cabo nuns concellos en detrimento doutros, intentando ocultar a súa política discriminatoria de base política

* Brindámonos a colaborar na realización dun novo proceso selectivo donde esteñan presentes ademáis da Deputación os distintos sindicatos e o Concello, non tendo ningún inconvinte en admitir os seleccionados a día de hoxe sin saen outro vez elexidos neste novo proceso.

Lourenzá,  25 de Febreiro do 2011.- Unha vez resolta a fase de selección de persoal a contratar a cargo do Plan Lugo Emprega da Excelentísima Deputación Provincial de Lugo e, visto o resultado da mesma, que vén a confirmar o engano e a burla ao que se viu sometida a xente de boa fe que acudiu ao proceso selectivo, o equipo de goberno do Concello de Lourenzá decidiu presentar o desacordo a seguir adiante con esta pantonima en tanto en canto non se realice un proceso selectivo que teña en conta os principios de mérito, capacidade e igualdade que debe rexir un proceso destas características.

Tomóuselles o pelo aos parados que, inocentemente, creron na limpeza do proceso selectivo e tiveron que contemplar atónitos cómo certos individuos, coñecedores da súa selección presumiron de, nin tan sequera cubrir as preguntas do exame, así como da súa afiliación política.

Hoxe mesmo, a través dun escrito dirixido a Excelentísima Deputación comunicámoslle que solicitamos a paralización do proceso de contratación en tanto en canto non se nos acredite por parte do Secretario do Ente Provincial que o proceso selectivo tivo en conta os princípios de mérito igualdade e capacidade que se deben de esixir en toda contratación pública.

A Deputación Provincial non respetou para nada o principio de autonomía municipal, realizando un proceso selectivo a medida dos intereses políticos dos dous partidos que cogobernan na Deputación.

Non se tiveron en conta, en absoluto, as necesidades municipais e procedeuse a selecionar persoal descoñecendo as funcións para as que ían a ser contratados, por conseguinte, as preguntas establecidas no exame dificilmente podían estar relacionadas coa especifidade do posto de traballo.

É incrible que un goberno que presume de ser progresista non tivera en conta nin a antigüidade no paro, nin a situación familiar,… feitos istes que deberan ser denunciados polos sindicatos, que paradoxicamente, non esixiron a súa presenza na fase de selección.

O Concello de Lourenzá  aínda sendo sabedor de que o Plan era puramente electoraista, chega con ver as datas e a duración do contrato, está disposto a participar có obxetivo de que algún veciño con situación precaria poida beneficiarse del, pero ao que non estamos dispostos é a que con cartos públicos se beneficien somente os seus afiliados, familiares e amigos.

Non estamos dispostos a ser complices desta farsa, si queren seguir adiante que os contraten eles, como de seguro o farán. Pregámoslles que se quiten a máscara de colaboradores dos concellos. Posiblemente con plans como iste o que pretenden ocultar é a súa mala conciencia pola dilapidación de recursos públicos que están levando a cabo nuns concellos en detrimento doutros, intentando ocultar a súa política discriminatoria de base política.

Non obstante iste Concello sigue compartindo o obxetivo do Plan, a creación de emprego, aínda que sexa temporal e brindámonos a colaborar na realización dun novo proceso selectivo donde esteñan presentes ademáis da Deputación os distintos sindicatos e o Concello, non tendo ningún inconvinte en admitir os seleccionados a día de hoxe si saen outra vez elexidos neste novo proceso.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive