Nota de prensa
O CONCELLO REMITÍULLE AO MINISTERIO DE HACIENDA O INFORME COAS FACTURAS PENDENTES DE PAGO A PROVEEDORES. DITA DÉBEDA ASCENDE A 1.780.000 EUROS. O ALCALDE CONSIDERA QUE A SITUACIÓN ECONÓMICA DE RIBADEO CAMBIOU NOS ÚLTIMOS ANOS, PERO DEBE SEGUIR MELLORANDO.
Ribadeo, 15 de marzo de 2012. O Concello de Ribadeo xa lle enviou ao Ministerio de Hacienda o informe coas facturas pendentes de pago a proveedores. Dita débeda ascende a 1.780.000 euros, segundo anunciou hoxe o alcalde, Fernando Suárez. Éste considera que a situación económica de Ribadeo cambiou nos últimos anos, pero debe seguir mellorando.
O rexedor explicou que “cumprindo cos prazos no día de onte xa lle enviamos ao ministerio a relación de facturas pendentes de pago a proveedores ata 31 de decembro de 2011. O Concello de Ribadeo a esa data ten pendente de pago 1.780.000 euros, é unha cifra importante aínda que sensiblemente inferior ao que podía ser hai non demasiado tempo”.
Fernando Suárez sinalou que “fomos pasando dunha situación económica extrema a unha situación mala, pero máis controlada aínda que desde logo debe mellorar. É un camiño de recuperación duro e lento no que levamos varios anos traballando, pero que está dando resultados”.
O alcalde ribadense indicou que “algúns Concellos iguais ou menores que o noso están quizáis algo mellor, pero hai pouco tempo nadaban na abundancia por mor dos ingresos en concepto de licenzas de obra polos que entraba diñeiro ás portas e agora están con notables débedas. E nós que, precisamente non tivemos eses ingresos desmedidos por licenzas urbanísticas daqueles anos de viño e rosas, tamén é certo que a diferencia deses Concellos nós non temos estropeado o territorio de Ribadeo como o teñen eles, tivemos que facer fronte a circunstancias que en teoría non nos pertencían, pero que tivemos que asumir como certos custes de demolicións por sentencias xudiciais de cubertas de edificios…”. Fernando Suárez asegurou que “nós fomos saneando pouco a pouco ata atoparnos nunha situación bastante aceptable para facerlle fronte ás obrigas e ao pago a proveedores. Tampouco temos que mirarnos no espello de ninguén para ver que uns están mellor ou peor, nós estamos a mellorar e así levamos cinco anos con saldos positivos dos resultados presupostarios. Ano tras ano, nestes cinco, sempre gastamos menos do que ingresamos, algo que nos permitiu ir reducindo a débeda”.
O rexedor dixo que “a débeda bancaria a finais de 2006 cando eu cheguei á Alcaldía era de 3 millóns de euros e a día de hoxe é de 1.200.000 euros. Hai un ano esta débeda a proveedores cifrada hoxe en 1.780.000 euros era dun millón máis de euros. Xa temos o programa planificado e agora este decreto váinos favorecer este diñeiro para que poidamos pagarlles aos proveedores. Isto implica que o Estado non nos da ningún diñeiro senón que o presta e teremos que devolvelo no prazo de 10 anos cun tipo de xuro do 5%”. O obxectivo para os vindeiros anos será “seguir axustando e traballando con responsabilidade para ter ao día o pago a todos os proveedores e para non gastar máis do que ingresamos”.






















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



